A relación dorna-armador, e viceversa, e unha relación sincera, xusta e de moito sentimento. Coma en tódalas relacións hai momentos duros, incluso de maltrato á outra parte, e coma non, momentos de pracer compartido. Hoxe foi un día deses de complicidade mutua, hoxe tocou beber: bebeu a Habana, e mais bebeu o armador. E cada [...]
Freixo 2013 na rede
Xa está dispoñible o sitio web do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará este verán n’O Freixo (concello de Serra de Outes). Entérate de todo aquí: http://www.culturamaritima.org/freixo2013/
Tradición e novas tecnoloxías
Este inverno deu para moito e, entre outras cousas, prestámonos a facer un escaneado 3D da Bicoca,en colaboración con varios técnicos de topografía.
O escaneado consiste en xerar unha nube de puntos e o correspondente modelado, de onde se poden sacar ortofotos, planos, etc, sobre os que poder medir con máxima precisión calquera elemento da imaxe.
A satisfación polo traballo ben feito
Como parece que o look flamenco de outros anos non era do agrado de todos, hoxe decidín ser jiado e empapelar a dorna antes de darlle patente. Qué queredes que vos diga? A mín gustábame máis coas jotas brancas como decoración. Pero así e todo, a recompensa por respetar as cánones é dobre: a satisfación [...]
Ultimando a Bicoca
Esta tarde estivemos currando un pouco na Bicoca. Comezamos aplicando aceite de linaza e alquitrán ao pau, o timón e as panas. E aproveitando que o sol quentaba, pasamos unha segunda man de pintura ao casco. Así, sen matarnos demasiado, para mañá deixamos a patente, e unha vez seca a darlle volta á dorna para [...]
En marcha!
Boas, Escribe o almirante Rubén Rodrigo, socio número 215 e máximo responsable do mantemento deste sitio web. Logo de varios meses de parón, reabrimos o noso espazo virtual totalmente renovado. Esperamos que sirva de axuda e que dea boa información a todo o mundo interesado na dorna ou nas embarcacións tradicionais en xeral. Tamén animo [...]
Okupa e resiste!
Hai dúas semanas estivemos traballando duro para rexuvenecer a fachada do local. Despois de dous anos sen pintar, o certo é que lle facía falta. E xa postos, aproveitamos para instalar unha praca con información da asociación e explicando os motivos da okupación. O seguinte será colocar o dichoso número 58 enriba dunha das portas. [...]
O Blog da HABANA en marcha…
Aproveitando a estrea da nova web da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo, desconxelada, cociñada e publicada polo noso Zé, lánzase esta fiestra, formato blog, para narrar as aventuras e desventuras da Habana, e quen a acompaña no seu roteiro cara a divulgación e o disfrute do patrimonio marítimo.
