As negociacións, por non dicir a noso incordio a Portos de Galicia, para conseguir unha mellora nas condicións nas que amarramos os nosos barcos continúan. Din as malas linguas que con un padriño, a ser posible dentro do Consello de Administración de Portos, xa estaba o asunto solucionado, pero nós non queremos entrar nese xogo, así que se pretendemos facer as xestións pola vía oficial, toca insistir unha e outra vez, agardar e ter paciencia. Así están as cousas.
Queremos un recoñecemento positivo por parte de Portos de Galicia e solicitamos que se nos facilite a labor a prol da recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio marítimo tradicional a través da habilitación de espazos portuarios reservados para asociación sen ánimo de lucro como a nosa e o establecemento de tarifas adaptadas á nosa realidade. Porque xa basta de ser humildes: nós levamos a cabo unha labor altruísta cun importante valor social, cultural e ata económico. Estamos contribuíndo a cambio de simple satisfacción persoal ao sostemento dunha parte fundamental da nosa cultura e consolidando un recurso patrimonial que de feito xa xera, e máis que podería facer, importantes ingresos económicos. E o único que obtemos é indiferenza e falta de colaboración por parte de Portos de Galicia.
Por enésima vez, a semana pasada presentei unha solicitude para obter a autorización por parte de Portos para a ocupación e uso dos primeiros 10 metros do pantalán dos xubilados. A intención a día de hoxe é que unha vez teñamos esa autorización, pedir ao Concello que se preste a presentar ao Grupo de Acción Costeira un proxecto conxunto para subvencionar a instalación dos catro fingers.
O que queremos é habilitar nese pantalán unha zona diferenciada para embarcacións tradicionais. Para iso levaríamos a cabo unha limpeza e rehabilitación dos primeiros dez metros de pantalán, instalaríamos catro fingers para dispor oito prazas de amarre adaptades as características das nosas embarcacións, probablemente tamén disporíamos un punto auga e luz, e finalmente colocaríamos en terra un panel informativo para facilitar a identificación e coñecemento das diferentes tipoloxías.
Non é que esta fórmula nos faga sentirnos mais optimistas, pero vendo que as xestións levaban meses paralizadas quixemos intentar reanudalas eximindo a Portos de calquera custe económico. Agora é unha cuestión de simple vontade, tanto pola súa parte como pola do Concello. Veremos qué sucede.
Qué alegría ver como os nosos compañeiros de Combarro ou Bouzas teñen os seus pantaláns!
Sin querer desanimaros, todos os problemas que os podedes imaxinar pasamalos nos tamen en Bouzas e iso que o pantalan o pagamos integramente nos, sin ningunha axuda e iso que promesas tiñamos de todalas administracións