A la Habana yo me fui…

Ai! a Habana que xa leva medio verán pola popa, entre regatas a vela, regatas a remos, quillas ó sol!, Arousa, Ogrobe, Freixo, Combarro, Bueu, Ons!

Velaí rumbo a Ons, e na praia das dornas, ¿onde vai estar mellor unha dorna que na praia das dornas? preguntáronme unha vez…

rumbo a Ons co motorillo por falta de vento
rumbo a Ons co motorillo por falta de vento
na praia das dornas
na praia das dornas

Tamén forma parte da “flota académica” de Portonovo, na que catro rapaces saen navegar, aprendendo cousas novas  cada día; luns e mércores polas tardes sempre se ven velas de dornas na ribeira de Portonovo e Sanxenxo.

Coninha, Habana e Bicoca fondeadas en Caneliñas. Hai horas de clases, e tamén horas de baño...
Coninha, Habana e Bicoca fondeadas en Caneliñas. Hai horas de clases, e tamén horas de baño…

E aínda o que queda… máis regatas, Bueu, seguro que moito máis Ons, e moitos luns e mércores de “academia”.

Pois eso, estamos na Habana…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *