
Por aquí andamos de novo para anunciar a 16º Regata do Sepelo e primeira proba da cuarta edición da Copa Mörling, que co-organizamos xunto con outras asociacións membras de Culturmar.
Este ano a competición terá lugar o sábado 7 de xuño a partir das 16:30 horas, con saída das dornas a vela dende o porto de Portonovo. E nesta edición voltamos a ter o pracer de adicarlle os trofeos de vencedores a Nauta Sanxenxo, Gadis, Mechanis, Adega Buezas e Ollares de Portonovo.
Vémonos o día 7 en Portonovo!
[…] fin de semana participaremos no Encontro de Embarcações Tradicionais de Esposende (Portugal) e na Regata do Sepelo en Portonovo (regata inaugural da Copa Mörling de dornas a vela). Así que tocan varadas, botaduras e […]