ARKAI

Ilustración da Arkai co seu aspecto actual

Construída por Domingo Ayaso en Aguiño (Ribeira) no ano 2012, a Arkai é unha dorna de nove cuartas e media de quilla, que navegou durante os seus primeiros anos pola ría de Vigo e que chegou a Portonovo de man de Jandro, quen a mercou no 2022.

Trátase dunha dorna dun tamaño un pouco maior do que as dornas polbeiras habituais pero que non por iso deixa de participar nas regatas a vela sempre que pode (e llo permiten).