
Non foi sen tempo, porque xa vai alá un mes, pero finalmente aquí estamos para deixarvos un recordo a modo de galería fotográfica da 16ª Regata do Sepelo.

Ademáis, lonxe de ser unha crónica periodística do acontecido durante a competición, nesta ocasión queremos centrarnos en agradecer a tódalas persoas e entidades que nos axudaron a facer posible que esta edición fose un éxito en tódolos sentidos. Comenzando por Culturmar e os compañeiros que forman parte do comité organizar da Copa Mörling, porque sen eles a trascendencia desta regata non sería a mesma.

Na mesma liña, destacar a labor dos membros da asociación Ollares de Portonovo, que levan anos ofrecéndonos aquelo que mellor saben facer (que é retratarnos), elevando a través das súas fotografías a proxección desta humilde regata ata os confíns de internet e máis alá.
Tamén ao Club Náutico de Portonovo e especialmente a Fernando e Javier Pazó pola total disposición para axudarnos a que a loxística no mar teña sido un éxito nas últimas edicións.
Igualmente grazas á Confraría de Portonovo por cedernos un espazo no que poder xuntarnos e compartir cos participantes estes momentos de reencontros e amizade.
E non menos importante, grazas ao Concello de Sanxenxo por apoiarnos á hora de manter unha regata que aos poucos tense convertido nun referente na ría de Pontevedra no que á divulgación das embarcacións tradicionais se refire.
Grazas tamén ás persoas particulares que nos teñen botado unha man coas embarcacións de apoio, a aquelas que teñen compartido a súa comida, bebida e música con nós, aos colaborades que nos regalan o seu esforzo e tempo para que todo saia ben e, como non, a tódolos participantes na regata e asistentes, porque sen vos isto non sería posible. Aínda que non vos nombremos unha por unha estades todas no noso corazón.
E xa por último pero non menos importante, grazas aos patrocinadores que que decidiron apoiarnos nesta nova edición e que foron Nauta Sanxenxo, Gadis, Mechanis e Adega Buezas.
Nesta ocasión participaron nada menos que 25 dornas chegadas de diferentes puntos das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.








































































































