ASÓCIATE!

Amigos da Dorna de Portonovo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxetivo fundamental participar na recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio cultural marítimo de Galicia, en xeral, e das súas diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais, en particular.

Trátase dunha labor voluntaria, moitas veces complicada pero sempre agradecida, e que levamos a cabo coa ilusión de contribuír a promover o gusto polo coñecemento da nosa cultura mariñeira popular a través da práctica dunha actividade de ocio cultural como é hoxe en día a navegación tradicional a vela.

O mantemento desta actividade implica unha serie de gastos económicos derivados da conservación das nosas embarcacións, os cales conseguimos afrontar grazas principalmente á aportación dos socios, quenes pagan unha cota anual de vinte euros, a cambio do cal gozan de plenos dereitos para participar en tódolos eventos que organicemos ou sexamos invitados.

Se queres facerte socio e unirte a esta familia, podes contactarnos a través das seguintes vías:

– Un email a correo@amigosdadorna.org

– Unha chamada ao 647132552

– Unha carta a rúa Rafael Picó Nº 58, 36970, Portonovo (Pontevedra)

– Ou unha visita ao noso local (ao lado da parada de taxis de Portonovo)

Cartón Socios

DESCARGA A FICHA DE INSCRIPCIÓN DE SOCIO A CONTINUACIÓN:

Ficha Socio