DIRECTIVA

A Directiva de Amigos da Dorna de Portonovo renóvase de maneira asemblearia (a través do sistema de listas abertas e candidaturas libres) cada dous anos. Acostuma estar composta por entre oito e dez persoas que de xeito voluntario e altruísta asumen o compromiso de facerse cargo da administración da asociación, coa inevitable carga de traballo e tempo que iso implica.

Foto de familia da Directiva case completa (2022)

A actual Directiva (2022-2023) está formada por José Manuel Prado como Presidente, Alejandro Piñeiro como Vicepresidente, Dolores Leal como Secretaria, Alfonso Solla como Tesoureiro e David Pérez, Macarena Sánchez, Ana Leiro, Gemma Fortes, Óscar Lorenzo e Tino Alonso como Vogais.