DE FESTA EN FESTA

Despois doutro ano de duro -pero agradable- traballo, chegou a festa. E desta vez recibímola por partida dobre. Así, na semana pasada asistimos como convidados aos Premios da Cultura Galega 2015 en calidade de membros da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que foi galardoada na categoría de Patrimonio Cultural.

Premio

Ata alí nos desprazamos representantes de moitos dos colectivos que conformamos a Federación, para arroupar ao noso presidente, Manolo Cendón, quen recolleu o premio e nos ofreceu un magnífico discurso no que, ademáis de agradecer este recoñecemento ao traballo feito por tantas e tantos voluntarios durante máis de 22 anos a prol da recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial, manifestou o noso desexo -o de todas as asociacións da Federación- de contar cun marco legal para as embarcacións tradicionais -a través da súa declaración como bens patrimoniais- e uns espazos reservados nos portos, a modo de mariñas tradicionais, onde os nosos barcos -que o son de todas e todos- poidan ser coñecidos, apreciados e desfrutados por toda a sociedade.

E aínda co gusto no corpo polo premio recibido, tocounos celebrar en Portonovo a nosa tradicional cea de nadal. Este ano, grazas a que Chus nos cedeu a Batea para a ocasión, decidimos organizala de maneira máis familiar. Isto é, cociñar e servir -e ata actuar- nós mesmos. Así, de paso que nos reunimos en confraternidade, aproveitamos para sacar algo de diñeiro para continuar coa restauración da Surfeira.

IMG-20151229-WA0005

A tenor da festa -antes, durante e despois- podemos asegurar que foi todo un éxito. E a pesar de caer en luns (lembremos que o día oficial da cea é sempre o 28 de decembro) á convocatoria asistiron máis de 40 socios, mulleres e homes, vellos e novos, pero todos coas mesmas gañas de pasalo ben.

IMG-20151229-WA0006

E como entre o persoal tíñamos artistas ilustres, a música tampouco faltou. Por un lado da man de Iago Carreño (Sugar Mountain) e polo outro de Chavo e Álex (Chavalex), sempre acompañados polo Coro Asambleario dos Amigos da Dorna.

IMG-20151229-WA0016

Agardemos que o 2016 sexa, polo menos, igual de bo que o 2015. Que rematemos a restauración da Surfeira, que academos a mariña tradicional para os nosos barcos e que disfrutemos da vosa compañía en cada momento. Bo 2016!

Cea de Natal do 2014

Cea

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como tódolos anos (e xa van alá 17), o vindeiro domingo día 28 ás 21:30 horas temos a cea de natal da asociación, para conmemorar o día no que se fundou oficialmente Amigos da Dorna de Portonovo. Este ano, respetando o acordado na asemblea xeral do ano pasado (non repetir dous anos nun mesme restaurante) vai ser na Taberna do Astillero (antigo Rincón do Cigala).

O menú: entrantes (empanada, croquetas, calamares e pastel de centola), prato principal (a escoller entre croca de boi, secreto de porco ibérico ou bacallao ao forno), bebida, postre, café, chupitos e queimada.

E parece ser que este ano imos romper records de asistencia, así que se prepare Portonovo para o que lle ven o 28!

Pero antes diso, o mesmo domingo a partir das 18:00 temos que celebrar no noso local a asamblea xeral de socios, para a cal rogamos a máxima asistencia, pois resulta fundamental para tomar as decisión oportunas nos asuntos a tratar, entre eles o de escoller unha nova directiva, para a cal, por certo, van facer falta novas incorporacións.

 

Cea de Natal de 2013

O pasado sábado, 28 de decembro, que viña sendo o día no que se comprían os 16 anos da fundación da asociación, convocamos a tódolos socios á Asemblea Xeral Ordinaria, ás 19:30, e a Cea de Natal, ás 21:30. Como era de esperar, ambas convocatorias tiveron unha asistencia desigual, se ben este ano o número de asistentes á asemblea rondou os 20. Non é unha maravilla, mais ben todo o contrario, pero parece que pouco a pouco as novas incorporacións van tomando o sitio que hai algún tempo deixaron moitos dos veteráns, desaparecidos en combate. Sexamos optimistas, pois. A cea foi outro cantar, de feito este ano batemos records en dúas categorías: en asistentes, con 48 comensais; e en xuventude, pois 3/4 dos asistentes escasamente superaban os 30. E iso notouse durante toda a velada, mais como hai cousas que non se poden contar, mellor déixovos unhas fotografías.

CIMG8932

CIMG8944

CIMG8945

CIMG8947

CIMG8948

CIMG8949

CIMG8951

CIMG8953

CIMG8955

CIMG8958

CIMG8960