MAR DE DIVERSIÓNS

Pouco a pouco as tardes de agosto van pasando e parece que o verán vai chegando ao seu fin, pero antes de que iso aconteza aínda nos quedan algunhas millas máis por navegar neste “Mar de Diversións”.

IMG-20150813-WA0029

Con unhas e con outras xa estamos finalizando a terceira semana de curso, e aqueles grumetes que coñecemos hai 20 días son xa mariñeiros, ou auténticos patróns, no caso dos “veteranos”.

IMG-20150818-WA0005

Da gusto ver como persoas que nunca tiveron relación coas embarcacións tradicionais nin a navegación a vela en poucos días conectan con este movemento. Entusiasmo así é o que nos motiva a seguir medrando.

IMG-20150818-WA0006

Pero non todo van ser leccións e cousas serias. Dentro de “Mar de Tradicións” tamén hai tempo para a diversión. Ou mellor dito: dentro de “Mar de Diversións” tamén hai tempo para a tradición. E con ese pretexto hai un par de días Anxo decidíu que os alumnos baixasen velas e sacasen remos para participar nun dos xogos populares da Día do Can, a regata de chalanas, que este ano foi de dornas.

IMG-20150819-WA0027

IMG-20150819-WA0028

11845020_887080024691689_9000608698891126751_o

En definitiva, a escola deste ano está dando para moito. E outro tanto que lle queda! Porque a tempada de navegacións e festas aínda garda citas importantes. A primeira delas esta mesma fin de semana en Combarro, a onde nos desplazaremos cos todas as dornas e unha tripulación con gañas de pasalo ben.

20150819_210400

E agora a descansar, que mañá toca travesía!

O PATRIMONIO MARÍTIMO VIVE

Coa triste nova do falecemento do compañeiro Luis Rei aínda sen asimilar, pola perda que iso supón para a cultura galega en xeral pero especialmente para o mundo das embarcacións tradicionais, non se nos ocurre un mellor xeito de homenaxear a súa memoría que cointinuándo coa labor que el mesmo axudou a iniciar alá polo ano 1993, coa creación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a da divulgación e posta en valor do rico patrimonio vinculado ao mar.

Unha das nosas grandes apostas nos últimos anos para a socialización das embarcacións tradicionais é a escola de verán de navegación, este ano bautizada estratéxicamente como “Mar de Tradicións”, que pouco a pouco imos tratando de ampliar, abrir e difundir cada vez máis.

Aos poucos van pasando os días, e con eles as leccións aprendidas, que unhas veces son no mar e outras en terra, como aconteceu coa aula teórico/práctica de nos coa que Anxo nos ilustrou hai unhas xornadas.

20150807_192513

Pero ademáis de moitos novos navegantes, amantes das embarcacións tradicionais que agardamos se unan definitivamente a este movemento social, estamos gratamente sorprendidos co seguemento que a través da prensa se está facendo da actividade, o que sen dúbida axuda a visibilizar a nosa labor.

Faro

En definitiva, o patrimonio marítimo tradicional segue vivo e mentres existan activistas como Luis Rei non deixará de estalo. Descansa en paz, compañeiro!

COMEZA A SEGUNDA SEMANA

Os días van pasando e xa estamos na segunda semana do curso. O alumnado vai mellorando e os que levan máis días ensínanlle aos que se van estreando.

Hoxe saímos con toda a flota. Intentamos navegar coa Milucha pero está impracticable. “É como botar un cesto ao mar”, así que este ano so podemos contar coa Jatiña, Bicoca, Coninha e Habana, polo tanto, queda pechado a admisión de novo alumnado, posto que os plans teñen que variarse, e xa están completas tódalas xornadas cos alumnos que xa hai inscritos e as dornas dispoñibles.

IMG_20150810_173152

E nada mellor que unha boas imaxes para ilustrar a xornada de hoxe:

TERCEIRO DÍA DA ESCOLA

As cousas van avanzando na escola. Esta semana os alumnos teñen que ter claro como se fai unha virada: que ten que facer o patrón, e que ten que facer o proel. E o obxetivo vaise con seguindo.

Saimos en tres dornas: Habana e Bicoca, cunha parella cada unha, e a Jatiña, con catro alumnos. O día pintaba ben para aprender. Vento constante e lixeiro do oeste (travesía), así que non había perigo se nos equivocábamos coas maniobras.

A Bicoca, co equipo dos “cuñados” tomaba vantaxe e fartáronse a facer manobras ata que case lle saían cos ollos pechados. Á Habana costáballe algo máis e houbo que baixar pau para poder seguir navegando (soltóuselles a verga!). E na Jatiña, dobles parellas turnábanse para facer as maniobras coa, cada vez menor, axuda do monitor.

Así que todo vai indo. Hoxe venres, que disque vai haber moito vento, tocará “teoria” e practicar nos, que boa falta fai!

Agora van unhas imaxes que sacou o compañeiro Víctor Loira.

IMG-20150806-WA0009

IMG-20150806-WA0010

PRIMEIRA XORNADA DA ESCOLA

Hoxe comezamos co curso. Pola mañán aproveitamos para ir facendo uns remos para a Milucha, que xa ían algo avanzados. contamos con Adrián e Xoel para o cepillado e lixado das palas.

IMG_20150804_115129
Pola tarde, navegación. Xuntáronse sete alumnos para ir tomando contacto coas dornas, comezando polo aparellamento e recoñecendo os nomes e usos dos diferentes cabos. Tamén tocou “boghar” na Habana e na Jatiña, na que practicamos as maiobras coa vela en dous grupos, un a bordo facéndoas, e outro fora, observándoas. Logo puxemos rumbo ao Seame e volta ata a praia de Baltar, pegadiños ás pedras, onde avistamos un grupo de arroaces. Por último, o traballo máis cansado, deixalas dornas ben amarradiñas, baldeadas e arranchadas para que mañan saia outro grupo a facer as mesmas “historias”.

IMG_20150804_191542

MAR DE TRADICIÓNS

Cartaz

E chegou o verán e con el Mar de Tradicións, a escola de verán que levamos organizando dende o ano 2012 e que consiste nun curso de iniciación á navegación tradicional a vela impartido polo monitor por excelencia da asociación, Anxo.

A iniciativa naceu do desexo de difundir entre os nosos veciños, principalmente entre os rapaces, o traballo que levamos a cabo a prol da recuperación e posta en valor da cultura mariñeira popular, con especial énfase no coñecemento e disfrute das embarcacións tradicionais.

Pretende ser un curso de aprendizaxe da navegación a vela na embarcación tradicional por excelencia das Rías Baixas, as dornas, encamiñado a transmitir os coñecementos básicos para disfrutar delas como alternativa de lecer.

E ao mesmo tempo son unhas xornadas de cultura e práctica do deporte, destinadas preferentemente a mozos a partir dos 14 anos, se ben están abertas a tódolos públicos.

O curso comezará o luns 3 de agosto e extenderase ata o domingo 31 do mesmo mes, completando catro semanas nas que se alternarán as clases teóricas coas saídas de navegación por diferentes puntos de interese da ría.

Quen queira participar, de xeito libre e gratuíto, grazas ao patrocinio da empresa municipal Nauta Sanxenxo, que financia na súa totalidade o custe de actividade, pode anotarse enviando un email a correo@amigosdadorna.org ou chamando ao teléfono 647132552.