VAI FALTANDO MENOS!

Notouse que o mércores viñan os da TVG a grabar outra reportaxe sobre a recuperación da Surfeira (e xuro que nós non os chamamos), pois a primeira hora da mañá había cola diante do astillero para botar unha man e, xa de paso, lucir tipo diante da cámara.

20150902_112014

Aproveitando a gran afluencia de socios voluntariosos decidimos comezar a rascar a cuberta da dorna e o camarote. A idea é deixar ao descuberto a fermosa cor da madeira de iroko.

20150902_112204

Mentras tanto o vicepresidente suaba a gota gorda rascando a brea acumulada nas xuntas das táboas.

20150902_112218

E hoxe unha nova tanda de socios (maioría mulleres, por certo) retomaron o traballo onde os outros o deixaron onte. Esta rasqueta sobre un dos corredores parecía adiviñar o planning para a tarde.

DSC00652

E hoxe a quen lle tocou suar foi ao presidente, empeñado en rascar o tambucho de proa, por se nalgún momento futuro lle toca durmir nel (ou iso din as malas línguas).

DSC00655

O caso é que nestes dous días pasaron pola dorna -e botaron unha man- Alberto, David, Nacho, Rita, Jandro, Anxo, Rocío e Yolanda. A este ritmo de traballo en nada temos o barco no mar!

DSC00664

POSTA A PUNTO DO MOTOR

Hoxe os traballos centráronse en continuar coa posta a punto de motor intraborda Solé Diesel MINI-33 que vamos instalar na Surfeira.

20150901_105712

Despois de facer unha limpeza en profundidade do mesmo (incluído o cambio de aceite e filtros) e desmontar algúns elementos que temos que renovar, como os manguitos e as correas, dispuxémonos a dar un par de capas a pistola de pintura anticorrosiva de cor azul, distintiva dos motores Solé.

20150901_114220

Da gusto ver como un motor de case trinta anos non so aínda funciona perfectamente senón que cun pouco de coidado e unha boa pintura pode quedar como novo.

20150901_115825

20150901_132014

20150901_132059

Para máis información sobre os motores Solé podedes visitar a súa web www.solediesel.com

E ao mesmo tempo que tratamos o motor tamén estivemos rascando e limpando a zona intermedia entre a bañeira e o camarote onde vamos instalalo. Deixar a madeira lista para ser tratada cos productos que Xylazel nos ofreceu é unha prioridade porque nos próximos días queremos instalar o motor e alinear o eixe.

20150901_172218

E como a xornada de hoxe foi longa, aínda tivemos tempo de comezar a traballar no camarote, retirando o que quedaba da instalación eléctrica, xa que vamos poñer unha nova, e tamén uns mamparos laterais que non nos gustaban nada. Xa pensaremos nun novo deseño interior para aproveitar ao máximo o limitado espazo.

20150901_172152

COMEZAMOS A REMOTORIZACIÓN

Despois de deixar listo o casco e facer unhas pequenas reparacións na cubierta, xa entramos de cheo na segunda fase da restauración, a remotorización. Por un lado comezamos nós limpando e poñendo a punto o motor Solé Diesel MINI-33 que compramos de segunda man hai uns meses. É un motor de 31 cv, suficientes para a Surfeira, e aínda que con algúns anos funciona perfectamente.

Solé

Mentres tanto os carpinteiros estiveron modificando, ou mellor dito construíndo, uns novos calzos sobre os que vai asentado o motor, xa que a alineación do eixo do intraborda orixinal era diferente.

20150831_192325

20150831_190638

 

A SURFEIRA NA TVG

Hai uns días saiu publicada na Voz de Galicia unha pequena reportaxe sobre a restauración da Surfeira, que tíñamos pendente dende había xa algún tempo. E para ilustrala achegouse unha das fotógrafas do xornal ao astillero, que foi recibida por Anxo.

AG28C8F1

Pincha aquí para acceder ao enlace da noticia

O caso é que no mesmo día de sair publicada a nova, chamáronnos do Telexornal da TVG para vir ata Ogrobe a filmar un pequeno vídeo sobre o proxecto de recuperación da dorna. E de novo Anxo actuou como anfitrión e representante da asociación.

PG28C8F1

Pincha aquí para ver o vídeo do Telexornal da TVG

CONTINÚAN OS TRABALLOS

Unha vez postos había que darlle caña para deixar o casco listo, e así foi. O martes quedaron rematadas as reparacións e o remachado da obra viva e morta.

20150826_194540

Listo o casco tocou meterlle man á fogonadura do pau. Básicamente facer unha nova, xa que a vella non era máis que un destruzo na cubierta.

20150826_182836

Chegados este punto temos rematada a primera fase da restauración, a da consolidación do casco e o arranxo do punto máis deteriorado da cuberta. Así que aproveitando que os carpinteiros teñen un par de días medio desocupados decidimos iniciar a segunda fase, a da instalación de motor intraborda.

20150826_182809

Vamos aproveitar os calzos orixinais sobre os que xa tivo instalado hai anos un motor intraborda para, unha vez modificados en función da liña de eixo, situar o novo. Aínda que a idea era introducir a metade do motor dentro do camarote, facelo suporía achicar moito o acceso ao mesmo, polo que vamos ter que optar por deixalo na bañeira.

20150826_194417

Un momento de certa importancia estética foi retirar a cuña de madeira que cubría a saída do eixo para a hélice. Isto ven a marcar unha volta ás orixes da dorna e o abandono definitivo do motor forabora, que durante anos afeou a súa fasquía.

RETOMAMOS A SURFEIRA

Despois dun par de meses nos que non puidemos meterlle man á Surfeira por andar liados con outras actividades máis propias do verán, a semana pasada (e continuamos esta) por fin puidemos retomar os traballos na dorna. En realidade, de momento foron os carpinteiros os que están levando a cabo os traballos máis importantes. E a partir de semana que ven seremos nós, os socios, o que teñamos que dar o callo para rematar de rascar, lixar, limpar e deixala bonita, en definitiva.

A primeira das reparacións foi remendar as escarvas das táboas de cubrir de ambos costados, que estaban partidas. Para iso houbo que recurtar as partes deterioradas e remendar cun suplemento novo, que unha vez pintado non se diferenciará do resto da táboa.

1

2

3

4

Como vedes, optamos por atornillar en aceiro inoxidable naqueles puntos do casco onde hai algún madeiro que o permita, como nas cuadernas, para garantirnos que se manteña ben sellado por bastantes anos.

5

O seguinte paso foi tapar unha considerable vía de auga que tiña na obra viva. Para iso houbo que curtar unha sección de táboa bastante grande, que permitise atornillar con garantias o parche nas cuadernas e despois cubrir a vía e sellar.

6

7

Tamén houbo tempo para subirse á cuberta e comezar a arranxar a desfeita que había na fogonadura do pau. De momento limpando a zona para retirar as táboas partidas e meter unhas novas.

9

10

E ao mesmo tempo, os irmáns Garrido xa comezaron a recravar o casco. Como comentamos antes, decidimos optar por atornillar con inox nas cuadernas e remachar en cobre nas xuntas das táboas. Unha opción menos tradicional pero máis efectiva e duradeira, que é o que precisamos agora.

8

Finalmente, pouco a pouco, parece que a restauración vai indo adiante. Agardemos que non xurda ningún imprevisto e a partir da semana que ven poidamos centranos na Surfeira, que xa hai gañas de vela outra vez no mar!

AGRADECIDOS!

Tal e como adiantamos hai uns días, podemos dicir con orgullo que a empresa galega Xylazel nos vai botar unha man para recuperar a Surfeira.

20150519_143025

Como a dorna leva dous anos en terra a madeira está moi seca e boa falta van facer 25 litros de Xylazel Total IF-T para curala e protexela. En canto ao acabado, decidímonos polo Xylazel Plus Mate en cor Teca a obra morta e a cuberta.

20150519_142928

Deixámovos as follas técnicas de ambos produtos mentras agardamos que os Garrido acaben de traballar nela para pornos a aplicarlle os tratamentos. Estamos desexando ver o resultado!

Xylazel Total IF-T

Xylazel Plus Mate

XYLAZEL ÚNESE AO PROXECTO

Últimamente so recibimos boas novas en relación ao “Proxecto Surfeira”. Despois da confirmación definitiva do apoio por parte de Nauta Sanxenxo a semana pasada, hoxe podemos dicir que tamén se nos une como patrocinador a empresa galega Xylazel, especializada en solucións específicas de proteción e tratamento para a madeira, entre outros produtos.

1

Para comezar Xylazel ofreceunos a visita de René Petit, o seu Director de Servizo Técnico e Desenrolo, para evaluar o estado da embarcación e recomendarnos os productos que deberemos usar cando rematemos coa restauración de carpintería.

2

Durante a visita aproveitamos para intercambiar impresións cos carpinteiros, neste caso Fabián Garrido, sobre as vantaxas dos modernos produtos de tratamento da madeira, fronte aos tradicionais aceites e alquitráns.

3

4

Sen dúbida a visita de René foi de gran axuda para entender cales son os produtos axeitados para a Surfeira. Agora xa so queda decidir color e facer o pedido.

5

E como non podía ser doutro xeito, grazas a Xylazel por unha colaboración material que nos resulta de enorme axuda para levar adiante o proxecto. Seguiremos informando sobre a aplicación dos produtos e a descripción das súas características unha vez que comecemos coas tarefas de tratamento.

POR TERRA E AIRE

Paso a paso, despois de rascar a conciencia o casco a Surfeira quedou lista para abandonar o que foi o seu fogar forzoso nos últimos dous anos.

Traslado 1

Traslado 2

O destino foi o estaleiro dos Garrido, en Ogrobe, onde vai ser reparada: recravar en cobre, calafatear e arranxar algúns desperfectos no casco e a cuberta.

Traslado 3

Traslado 4

Así, despois dunha viaxe por terra e aire, agardamos que saia como nova e, o que é máis importante, lista facer o que lle corresponde, que é navegar!

Traslado 5