RASCAR, CHORAR E RASCAR!

Se alguén pensaba que os amigos das dornas non traballaban na Semana Santa, equivocábase. Polo contrario, mentras os amigos dos curas paseaban, vela en man, de procesión en procesión, a nós tocounos dar o callo coas rasquetas!

1

Pero antes diso tivemos que pornos o traxe de inxeñeiros para desmontar o motor e o timón. Menos mal que hai personal cualificado para todo!

2

En calquera caso, o plan de traballo consistíu basicamente en rascar, rascar e rascar, parar para queixarse e volver rascar. E cada quen destacou nunha tarefa (aínda que non vamos dar nomes!).

3

4

5

6

7

8

Así, como podedes ver, aos poucos o traballo foi indo adiante. A facelo máis ameno contribuíron Jandro, Ñan, Xoel, Caba, David, Jose, Yolanda, Colin, Andrés, Damián e Macarena.

9

Agora queda agardar a que nos avisen dende a carpintería para trasladar en camión a dorna ata Ogrobe e comezar o traballo serio: recravar o casco, calafatear as xuntas das táboas e reparar algúns pequenos desperfectos. Se todo vai ben, esta mesma semana voltaremos dar conta das novas!

DA PLANIFICACIÓN Á EXECUCIÓN

Proxecto

Hoxe foi un día de transición, un deses días que marcan o inicio dunha nova etapa. Neste caso o paso da fase de planificación ou teórica á de execución ou práctica. Resumindo, que hoxe tocou comezar a darlle duro (progresivamente)!

Surf 1

Como non convén facer as cousas polas bravas, o primeiro paso foi un traballo fino: sanear á cubierta arredor da fogonadura do pau, que tiña un remendo espantoso por causa dunha rotura antiga.

Surf 2

Pero unha vez feito o traballo fino tocou asumir a realidade, que non é outra que os 8 metros de eslora por costado que nos quedaban por rascar e lixar. Case nada!

Surf 3

Surf 4

Surf 5

Surf 6

Aos poucos a tarefa vai indo. Hoxe tocoulles a Xoel, Ñan e Jandro, pero agardamos que nos próximos días desfilen pola dorna moitos o moi bos rascadores.

A ESCOLA CHAMADA SURFEIRA

Diario

Se a prensa o di, nós so podemos confirmalo: onte mesmo asinamos o contrato de compra da Surfeira, así que é oficial, temos dorna nai na asociación!

Anxo e Ñan

E como levábamos tanto tempo agardando por este momento, foi chegar e pornos a traballar. De momento simplemente facendo limpeza a bordo, para valorar mellor a situación da dorna e planificar os seguintes pasos.

Maior

Agora toca traballar duro de verdade. Por un lado continuando na busca de financiamento, tanto público como privado, para acometer a restauración nas mellores condicións. Nese sentido temos que agradecer a Gadis e Froiz a colaboración prestada. E polo outro a base de rascar, lixar e pintar. Pero diso e doutras cousas iremos informando pouco a pouco.

Benvida sexa a Surfeira!

PROXECTO “SURFEIRA”

SAMSUNG DIGITAL CAMERA

Como xa publicamos no último número do Cabeso, un dos nosos principais obxetivos -por non dicir o máis importante- para os próximos meses é recuperar esta fermosa dorna nai, chamada “Surfeira”. E niso estamos, de momento traballando para conseguir o financiamento, tanto a través de axudas públicas como de patrocinadores privados, que nos permita asumir o desafío con certas garantías.

A idea é converter a dorna no noso humilde buque escola. Unha embarcación de maiores dimensións coa que poidamos continuar a organizar, e incluso ampliar, o curso de iniciación á navegación tradicional que inauguramos hai xa tres veráns, e que a partir de agora queremos bautizar como “Mar de Tradicións”, sendo unha das nosas grandes apostas de futuro para a difusión do patrimonio marítimo tradicional de Galicia.

Seguiremos informando!