Novo número do Cabeso!

Manténdonos fieis ás nosas propias tradicións, remata o ano e con el toca presentar un novo número do Cabeso, neste caso o XIII, no cal, seguindo a liña dos últimos anos, atoparedes unha mistura entre un resumo de acontecido ao longo do 2014 e algún que outro pequeno artigo de difusión de aspectos da cultura marítima tradicional. Agardamos que sexa do voso agrado!

Cabeso Nº XIII (2014)Podedes descargar o arquivo en PDF a continuación:

Cabeso 13 (2014)

Tamén podedes atopar unha versión impresa gratuíta nos locais patrocinadores.

Lenta e insegura

O verán remata, os temporais van aparecendo, e cómpre ir sacando as nosas dorniñas do pantalán e metelas a cuberto. O pasado sábado foron para unha nave a Bicoca (que levaba en terra dende setembro) e a Milucha. A Jatiña queda no mar por se sae un outono de navegar, e se non é así, en canto poidamos tamén a metemos a cuberto.

A Milucha volve á nave de onde saiu renovada fai uns meses. Pero desta volta, vai ter a Bicoca de compañía. Para non ocuparlle moito á familia Barbeito, decicimos poñelas unha enriba da outra, e como é a primeira vez, pois a cousa foi “lenta pero insegura”. Aquí queda un video das maniobras (atentos ás voces…)

A ReVolta á Arousa dos Amigos da Dorna

O pasado sábado, logo de adiala por mor do mal tempo, celebrouse a XXX Volta á Illa de Arousa en Dorna, a Olimpíada das regatas de dornas… E como este ano xa temos alumnos destacados na escola, pois alá levamos dúas dornas para participar en tal acontecemento:
A Habana, con Xoel participando nunha nova edición pero esta vez á caña como patrón; e Samuel á proa estrenándose en regatas.
A Bicoca, sen Silva -o maestro das drizas- pero con Prado suplindo a falta; e Alberto á caña.

Preparando os bólidos
Preparando os bólidos

Anxo, que ía de “director técnico” e que non tiña pensado participar, fixo equipo con Luis, un compañeiro de Portugal co que xa navegara, e armaron a Estela (do compañeiro Javi Pena) para unirse á flota. Como apoio anímico acercouse Nacho, botando unha man nos traballos de terra.

A tactica era fácil -darlle a volta á Illa-
A tactica era fácil -darlle a volta á Illa-

Logo das pertinentes indicacións e ánimos por parte do “preparador” as dornas sairon cara a pasante da ponte para darle a volta polo sur da Illa, con vento fresco do Suroeste. A verdade é que non houbo boa saída por parte da Bicoca e da Habana, que desatenderon os consellos de estar “finos” na conta  atrás.

Ahí as veñen!
Ahí as veñen!

Xa doblando o sur da Illa, no Galiñeiro, comezou unha empopada dura ata entrar no abrigo do Areoso, pasar o faro de Punta Cabalo, o Xufre e logo a facer un par de bordos cara o Sur para entrar na meta situada na ENT da Cultural Dorna.

Do equipo a primeira en chegar foi a Estela, a remolque, xa que lle rompeu a verga no último bordo antes de enfilar a meta. Logo foi pasando o tempo ata que se viron a Habana e máis a Bicoca. Conseguiu entrar a Habana antes, sanos, salvos e enteiros. A Bicoca, pois entrou a remos porque levaban toda a regata sen poder baixar a vela nas viradas, coa noz-polea desfeita, o puño da amura tocado, o achicador fora de servizo, pero a tripulación con tódolos membros vitais en orde.

Anque Prado chegou algo tocado polo cúmulo de “despropósitos” sufridos, todos quedaron satisfeitos de completar a Volta a Arousa, a mellor das regatas! Para o ano, máis e mellor.

Os Amigos da Dorna pola Ría de Vigo…

Pois si, nesta pasada fin de semana a Jatiña navegou pola Ría de Vigo, para participar nunha Xuntanza de Embarcacións Tradicionais en conmemoración do centenario da fundación da Alianza Mariñeira de Cangas, e honrar, desta maneira, a moitas das persoas que formaron parte desta agrupación e foron represaliadas durante o alzamento militar do 36.

Rumbo a Cangas
Rumbo a Cangas

O sábado ao mediodía, logo de escampar e ter preparado todo, puxemos rumbo suroeste cara os Cabalos de Aldán, para logo enfilar Cabo Home  deixando toda a Costa da Vela por babor. Tripulando a Jatiña, o equipo xuvenil -Xoel, Samuel, Silva e Alberto- e máis Anxo supervisando. Levamos tamén un sexto tripulante, O Mercurio, que traballou dende Portonovo ata entrar na Ría de Vigo, e sin rechistar!

Pola noite, o de sempre, se queredes saber, viñérades! Pódese contar que demos cun gran seguidor que os Amigos da Dorna temos en Cangas -e nos sen sabelo- que se chama Lucas, armador, xunto co seu pai, da dorna Serea, e de seguro que volveremos coincidir nunha andaina das nosas.

A Serea
A Serea

Xa no domingo, foron chegando máis embarcacións, da ría de Vigo, que se sumaron á Jatiña e máis á Terceira -o choupán de Ronsel co que xa coincidiramos en Lekeitio- Aínda nos xuntamos un lote delas. Así que xuntada a flota, todos a navegar, e na zona da Borneira, agrupámonos todos e fíxose unha ofrenda floral acompañada por unhas verbas, que logo serían ampliadas en terra para rendir homenaxe aos mariñeiros que perderon a vida por defender nada máis que as súas ideas e os seus intereses como clase traballadora que eran.

Os cravos
Os cravos

Logo, xantar en compañía dos amigos de sempre e de outros novos, encher o papo para partir de novo para a nosa ría. Primeiro rumbo ao muelle de Cíes, e logo rumbo Norte para desfacer o camiño feito o día anterior.

O equipamen!
O equipamen!

Xa se informou a pasada semana que coa entrada do mes de agosto comezan as “grandes feiras” da cultura marítima, así que xa sabedes, so hai que aproveitalas… Aí vai outro vídeo…

Bojar e sear…

Hoxe, como había neboeiro, non houbo moito poder de convocatoria. De todos xeitos tivemos unha nova incorporación, Carlos “Chavo”, un Koreano auténtico, e do Norte, aínda por riba…

O Chavo, coas mans cruzadas nos remos, debe pensar que son flautas traveseras...
O Chavo, coas mans cruzadas nos remos, debe pensar que son flautas traveseras…

Pois como a cousa estaba pechada de brétema, decidimos practicar un pouco a remos, e saímos na Habana, na Bicoca e mais na Milucha. O verán vai pasando e a regata de Combarro está ahí -este ano imos copar o podium- A cuestión é que todo marchaba ben ata que un dos remos da Bicoca partiu -o acero inolvidable…- así que se escarallou a tarde de bojar e de sear, e como o neboeiro ía abrindo, pois collemos a Jatiña e alá fumos os cinco presentes a ensinarlle ao novo como se fan as virades de “compitisión”: chis, pam, pum, parabarabá…

O remo da Bicoca quedou en dúas pezas...
O remo da Bicoca quedou en dúas pezas…
Silva é todo clase...
Silva é todo clase…

Seguen as caras novas…

A deste xoves non foi unha convocatoria tan elevada como a do martes. De todos xeitos, houbo dúas caras novas, Lara, dende Vigo, á caña da Jatiña, e Pedro, dende Iruña, atendendo á manobra.
A tarde deu para moito, saímos cunha brisiña do N e chegamos con vento fresco do N cun rizo colleito, tras parar en Caneliñas para agruparnos e a darnos uns baños.
Hoxe foi o último día de escola para o compañeiro Ibon, que volve para PortugalETE a seguir coas súas cousas, polo tanto a Coninha busca tripulante.
Ahí vai a foto de familia do día e máis un pequeno vídeo da travesía ata Areas.

Leti, Ibon, Andrés, Alberto, Anxo, Berto, lara, Prado, Xoel, Silva e Nacho
Leti, Ibon, Andrés, Alberto, Anxo, Berto, Lara, Prado, Xoel, Silva e Nacho

e no quinto día, enchémolas dornas!

Onte foi a quinta xornada e a “flota académica” xa botou por fora -16 persoas en 5 dornas-. Tivemos a visita de Rubén Portas, outro compañeiro “emigrado” que levaba tempo sen embarcar nunha dorna, e que , aproveitando as vacacións, pasouse pola escola a practicar un pouco, xunto con Laura, unha compañeira de Pontevedra que, pensamos, non vai poder resistirse ao encanto da Jatiña, e seguramente participe activamente no resto do verán. Tamén tivemos a visita de Berto, chegado dende Vigo, da Asociación Remadoira, que según informou, xa navegara na Jatiña hai uns cantos anos. Na flota de rapaces, unha nova cara, a de Dani Conde, que se animou a participar, e tamén a mollarse. O resto, todos coñecidos.

Desta volta puxemos rumbo á Praia de Canelas, a darnos uns baños e a practicar co remo e as viradas. Logo, proa a Morrazán, a onde unicamente chegou a Jatiña, a Coninha e maila Milucha -Bicoca e Habana optaron por recortar-

Outro día máis de escola!

Nacho, Leti, Laura, Andrés, Prado, Alberto, Anxo, Xoel, Dani, Antón, Silva e Ibón. Saca a foto Rubén. Faltan Samuel, lucho e Berto -tiñan presa-
Nacho, Leti, Laura, Andrés, Prado, Alberto, Anxo, Xoel, Dani, Antón, Silva e Ibón. Saca a foto Rubén. Faltan Samuel, Lucho e Berto -tiñan presa-

 

4ª Xornada de escola

Hoxe foi o cuarto día de escola dorneira. A academia segue aumentando en número de matrículas; hoxe incorporouse, por fin, Cristina, que pouco a pouco irá “casando” as prácticas adquiridas na vela lixeira, coas singularidades da navegación tradicional.
Hoxe tamén houbo o primeiro baño “desintencionado”; Nacho, outro neófito, catou a temperatura da auga na baliza do Bicaño -estaba fría-
A Milucha, que segue navegando e metendo auga a partes iguais, xa está totalmente bautizada, xa que o outro padriño, Dani Barbeito, onte por fin navegou nela -outro equipo feito: Milucha, Padro e Dani-
En fin, que o próximo martes, á mesma hora, no mesmo sitio.

Bicoca, Habana, Milucha e Jatiña
Bicoca, Habana, Milucha e Jatiña

…e por fin, navegou!

O pasado martes 15 de xullo de 2014, a Milucha, logo dun inverno traballando duramente na súa restauración, e dunhas semanas amarrada no pantalán preparandoa, por fin navegou a vela.

Non podía ser outro que Prado, uns dos seus padriños xunto a Dani Barbeito, o que a estreara. Acompañárono os “emigrados” Andrés e máis Alberto, que non se puideron resistir a tal acontecemento. Según o patrón, a dorna “navega firme” e “responde ben”. Veremos se vai tan lixeira con vento fresco… Deste xeito, a “flota académica” conta cunha nova dorna, e xa son cinco, xunto coa Jatiña, a Bicoca, a Habana e maila Coninha. A navegar.

 

A Habana na Illa do Santo

O pasado sábado, logo de traballar duramente neste último mes nela, a Habana foi para o mar novamente, e onte tocou facerlle as probas correspondentes para ver se mete auga, se hai algo que quedou atrás sen reparar, se hai que cambiar algo…así que puxemos rumbo á Illa do Santo do Mar.

Por todos é coñecido que na boca da Ría de Pontevedra están as Illas de Onza e Onza, e no fondo da ría a Illa de Tambo. Pero, haivos unha terceira illa na mesma ría (senón cuarta, xa que en Campelo está o Illote dos Ratos) a Illa do Santo do Mar, ou de San Clemente, situada na parroquia de Ardán, en Marín. A illa, hoxendía, está unida a terra por un tómbolo de area que permite chegar a pe nas baixamares. Nesta pequena illa, de 1.4 hactáreas, existiu un castro datado na idade do ferro, do que se pode observar a cachotería rebentada polo mar. Máis tarde, supoño que na mesma liña de “evanxelización” de lugares habitados por bárbaros, construiuse unha capela da que existen as ruinas, en honra a San Clemente e na que, antigamente, celebrábase unha concorrida romaría, sendo cantada esta, na idade media, por Nuno Treez, dicindo así:
[…]
San Clemenço do Mar,
se mi d’el non vingar,
non dormirei,
San Clemenço señor.
Se vingada fôr,
non dormirei.
Se mi d’el non vingar,
do fals’ e desleal,
non dormirei.
Se vingada non fôr
do fals’e traedor
non dormirei.
[…]
IMG_20140518_151307

IMG_20140518_151934

IMG_20140518_152024

Pois esta foi a primeira ruta desta nova tempada de veleo, dorna, e tamén de descubrimentos…

Fontes:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Illa_de_San_Clemente
http://patrimoniogalego.net/index.php/5137/2011/09/castro-da-illa-do-santo-do-mar/