Chamádelle Milucha!

Xa podemos deixar de chamarlle “a dorna nova”, xa que a semana pasado decidimos que se vai chamar Milucha. O caso é que Milucha vai pouco a pouco collendo cor e nuns días estará lista para volver ao mar, despois de demasiados anos (6 ou 7) malvivindo en terra.

milucha

Así estaba a dorna cando a fomos a buscar a Beluso en decembro.

CIMG8922

Unha vez en Portonovo o primeiro que fixemos foi comezar a rascala enteiriña.

1

CIMG9052

CIMG9057

Despois tocou lixala a conciencia.

20140324_190726

20140322_161735

Feito isto, aplicar sicaflex nas xuntas das táboas e reconstruir as partes da cubierta aprodecidas.

20140322_164350

E finalmente pintar e dar patente.

20140415_195645

E así está a día de hoxe, agardando ansiosa a que chegue a próxima fin de semana para voltar ao seu lugar, o mar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *