CONTINÚAN OS TRABALLOS

Unha vez postos había que darlle caña para deixar o casco listo, e así foi. O martes quedaron rematadas as reparacións e o remachado da obra viva e morta.

20150826_194540

Listo o casco tocou meterlle man á fogonadura do pau. Básicamente facer unha nova, xa que a vella non era máis que un destruzo na cubierta.

20150826_182836

Chegados este punto temos rematada a primera fase da restauración, a da consolidación do casco e o arranxo do punto máis deteriorado da cuberta. Así que aproveitando que os carpinteiros teñen un par de días medio desocupados decidimos iniciar a segunda fase, a da instalación de motor intraborda.

20150826_182809

Vamos aproveitar os calzos orixinais sobre os que xa tivo instalado hai anos un motor intraborda para, unha vez modificados en función da liña de eixo, situar o novo. Aínda que a idea era introducir a metade do motor dentro do camarote, facelo suporía achicar moito o acceso ao mesmo, polo que vamos ter que optar por deixalo na bañeira.

20150826_194417

Un momento de certa importancia estética foi retirar a cuña de madeira que cubría a saída do eixo para a hélice. Isto ven a marcar unha volta ás orixes da dorna e o abandono definitivo do motor forabora, que durante anos afeou a súa fasquía.