Crónica da VI Regata do Sepelo

Cartaz (2013)

Como todos os anos, durante todo o mes de maio traballamos duro para organizar a Regata do Sepelo, pero ademáis dos nosos esforzos por superar con éxito a celebración, nesta edición contamos coa colaboración do dous elementos fundamentais: bo tempo e vento!

2

Por tratarse da primeira gran regata da tempada, algunhas tripulacións, faltas de ritmo, decidiron nos arriscar ante a previsión de vento. Con todo, xuntamos 21 dornas prontas e dispostas a quedar quilla arriba se fose preciso, e todo por conseguir un dos trofeos manufacturados por Txin.

Saida

Pasadas as 16:30 tomaban a saída todas as dornas e pouco despois comezaba o desfile de “abandonos”. Ante a dificultade de navegar cun forte vento recheado do norte algúns, en concreto 8 dornas (entre elas a Bicoca, con Jandro e Fernando, e a Coninha, con Telmo e Kiko), decidían regresar a porto, na maior parte dos casos obrigados por danos na embarcación. Estes participantes contabilizan como tocados, pero non afundidos.

945678_550102015028824_1651368055_n

Na segunda categoría atopamos dúas dornas nominadas ao premio ao primeiro baño da tempada. Por un lado a Jaivota e polo outro a Habana, con Anxo e Xoel como tripulación.

601161_549674431738249_978795627_n970306_549684261737266_44969577_n

Despois de moito deliverar decimos entregarlle o premio (aínda por definir) á Habana, por aquelo de que quede algo en Portonovo.

270078_550195691686123_1012036025_n 971134_549683738403985_2145507839_n

Así as cousas, con 10 dornas de 21 fóra de competición antes de tempo a disputa pola victoria e as seguintes posicións foi unha loita man a man entre os arousáns, tanto da Illa como de Ogrobe. Pero entre todos eses lobos -e mulleres- de mar mantívo o tipo ata o final a Jatiña, tripulada por Turtle, Miguel Norat, Sara, Ñan e Julio (atención a esta nova incorporación!).

981156_550190925019933_1922737019_o

Todo o demáis foi dominio arousán: en primeira posición, despois dun dominio absoluto e cunha vantaxe de 5 minutos sobre a segunda clasificada, entrou A Rona (Dorna Meca), tripulada por Dani e Lucía; en segundo e disputado lugar a Bazarra (ACD Dorna), con Larry e Servando; en terceira posición a Jalerna (ACD Dorna), con Ricardo e Cartarola); e case xuntas en cuarta a Caropa (Dorna Meca), con Xoaquín e Marcelino; e en quinta a Mimela (ACD Dorna), con Avelino e Salva.

Rona

En definitiva, alá vai a VI Regata do Sepelo, un evento co que, máis alá da competición, pretendemos promover o gusto polo patrimonio marítimo tradicional, ademais de xuntarnos con amigos, pasalo ben navegando e comer unha empanadas. E un ano máis, todo grazas ao apoio económico dos máis de trinta patrocinadores que nos avalaron, nun momento no que a falta de cartos tamén nós tiramos de inxenio. Boa mostra do cal son os trofeos artesanais feitos por Txin.

sepelo13_trofeus_artesans1

E grazas tamén aos amigos que nos acompañaron nas lanchas de vixilancia e asistencia, e a todos os que dalgún xeito nos botaron unha man para organizala, participantes incluidos. Dito isto, so podemos concluir dicindo: a pola VII!

Fotos por cortesía de Luis Chouza e A.C.D. Dorna. Grazas tamén a eles!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *