…e en día de moito vento, pois barlovento ou sotavento?

Como non so de pan vive o home, os Amigos da Dorna tampouco nevagan sempre. Onte foi día de aprender en terra, houbo moito vento, e os lombos xa están algo cansos como para andar a arriscar pola ría adiante.

Pois ben, aproveitando a nortada, puxémonos a practicar os nudos que se empregan nas dornas -as de guía, ballestrinque, lasca, llano – e algún máis como o ballestrinque doble, a margarita, o nudo de saco e o pescador. Agora si que non hai escusa posible para non amarrar ben a dorna, as defensas, ostajar correctamente, coser rizos e envergar como é debido… No pŕoximo día de “malas condicións” para navegar, seguiremos con máis nudos, haberá que aprender a facer unha gaza, aiustar un cabo, facer defensas de cabo…

Silva practicando nudos
Silva practicando nudos

E como fai un par de anos houbo “embestida” e a semana pasada case se repite, volvemos a tratar o tema das preferencias no mar, tanto a vela como a motor. Recordamos onde se sitúa o barlovento e mailo sotavento, a amura o través e maila aleta…

As preferencias no mar...
As preferencias no mar…

E como punto e final da clase de onte, falamos da sondaleza e do escandallo, e tamén da corredera -a intención é facer unhas pŕacticas con ambas-

Non teñades medo, que se hai vento, seguimos aprendendo…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *