LEONOR

Ilustración da Leonor co seu aspecto actual

Esta pequena dorna polbeira –de 8 cuartas e media– é unha das últimas incorporacións á asociación. Construída por Domingo Ayaso en 2016 para substituír a unha vella dorniña tamén chamada Leonor, que ata hai un par de anos resistía como podía, coas súas máis de tres décadas de vida, rodeada de grandes veleiros e iates no porto de Sanxenxo.

Foi no 2015 cando o seu propietario, David García Teijeiro, decidiu por un lado renovar a súa embarcación e polo outro asociarse aos Amigos da Dorna de Portonovo para perfeccionarse na navegación a vela, na cal era completamente autodidacta.

Dende entón os Amigos da Dorna temos unha orgullosa delegación no porto de Sanxenxo, que agardamos ir aumentando pouco a pouco. E nada mellor que comezar con este fermosa dorna polbeira, unha das últimas construídas polo mestre Ayaso.

1