
Que levásemos un tempo sen publicar novas non significa que estivésemos parados. Máis ben todo o contrario. E boa mostra disto son os traballos de recuperación e mellora da Surfeira, que estivemos xestionando durante os últimos meses grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra.

Os traballos consistiron na substitución do teito da cabina, no selado das xuntas das táboas da cuberta e corredores, na mellora do habitáculo do motor intraborda, na substitución a táboa de cubrir do costado de estribor e na colocación de tres proteccións de latón no mastro para o apoio da boca do pico da percha da vela.

Así, aos poucos, a Surfeira cada ano está mellor e agardamos poder continuar nesta mesma tendencia. E poder contar co apoio da Deputación de Pontevedra é un feito que debemos agradecer.