Milucha!

Levamos unhas semanas sen actualizar a web, pero iso non significa que non continuemos traballando. Uns máis que outros, iso sí. Pois como vedes continuamos coa dorna nova. Despois de rascala ben, tanto a pintura como o sicaflex, tocou recravar algunhas táboas, volver a aplicar sicaflex e lixar. O casco quedou listo e so lle falta dar imprimación e pintar. Pero antes de facelo decidimos pornos co interior e a cubierta. De momento estivemos rascando e lixando (por alí pasaron Anxo, Ñan, Collin, Txin, Jandro… pero os grandes currantes están a ser Prado e Dani). Agora toca reconstruir parte da cubierta da tilla e pouco máis. A ver se nun par de semanas a deixamos lista, que hai gañas de mollar o cu polo ría adiante.

20140322_161735

20140322_164350

20140322_170443

20140324_175851

20140324_175909

20140324_180001

20140324_190726

2 thoughts on “Milucha!

  1. Boa tarde, compañeiros. Unha preguntiña: Qué Sika estades usando para calafatear a obra viva?. É Sika 290DC marina ou da normal? Porque nos estamos cansados de darlle da normal e arriaa toda, para a cuberta funciónanos, pero para a obra viva nin flores.

  2. O sika normal non vale para o mar! Nin para a cuberta, faise chicle co tempo. Hai que botarlle da marina. Ademais, se queres que funcione mellor, hai que botarlle, previamente, unha imprimación específica según o material (madeira, plastico…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *