POSTA A PUNTO DO MOTOR

Hoxe os traballos centráronse en continuar coa posta a punto de motor intraborda Solé Diesel MINI-33 que vamos instalar na Surfeira.

20150901_105712

Despois de facer unha limpeza en profundidade do mesmo (incluído o cambio de aceite e filtros) e desmontar algúns elementos que temos que renovar, como os manguitos e as correas, dispuxémonos a dar un par de capas a pistola de pintura anticorrosiva de cor azul, distintiva dos motores Solé.

20150901_114220

Da gusto ver como un motor de case trinta anos non so aínda funciona perfectamente senón que cun pouco de coidado e unha boa pintura pode quedar como novo.

20150901_115825

20150901_132014

20150901_132059

Para máis información sobre os motores Solé podedes visitar a súa web www.solediesel.com

E ao mesmo tempo que tratamos o motor tamén estivemos rascando e limpando a zona intermedia entre a bañeira e o camarote onde vamos instalalo. Deixar a madeira lista para ser tratada cos productos que Xylazel nos ofreceu é unha prioridade porque nos próximos días queremos instalar o motor e alinear o eixe.

20150901_172218

E como a xornada de hoxe foi longa, aínda tivemos tempo de comezar a traballar no camarote, retirando o que quedaba da instalación eléctrica, xa que vamos poñer unha nova, e tamén uns mamparos laterais que non nos gustaban nada. Xa pensaremos nun novo deseño interior para aproveitar ao máximo o limitado espazo.

20150901_172152

COMEZAMOS A REMOTORIZACIÓN

Despois de deixar listo o casco e facer unhas pequenas reparacións na cubierta, xa entramos de cheo na segunda fase da restauración, a remotorización. Por un lado comezamos nós limpando e poñendo a punto o motor Solé Diesel MINI-33 que compramos de segunda man hai uns meses. É un motor de 31 cv, suficientes para a Surfeira, e aínda que con algúns anos funciona perfectamente.

Solé

Mentres tanto os carpinteiros estiveron modificando, ou mellor dito construíndo, uns novos calzos sobre os que vai asentado o motor, xa que a alineación do eixo do intraborda orixinal era diferente.

20150831_192325

20150831_190638

 

A SURFEIRA NA TVG

Hai uns días saiu publicada na Voz de Galicia unha pequena reportaxe sobre a restauración da Surfeira, que tíñamos pendente dende había xa algún tempo. E para ilustrala achegouse unha das fotógrafas do xornal ao astillero, que foi recibida por Anxo.

AG28C8F1

Pincha aquí para acceder ao enlace da noticia

O caso é que no mesmo día de sair publicada a nova, chamáronnos do Telexornal da TVG para vir ata Ogrobe a filmar un pequeno vídeo sobre o proxecto de recuperación da dorna. E de novo Anxo actuou como anfitrión e representante da asociación.

PG28C8F1

Pincha aquí para ver o vídeo do Telexornal da TVG

CONTINÚAN OS TRABALLOS

Unha vez postos había que darlle caña para deixar o casco listo, e así foi. O martes quedaron rematadas as reparacións e o remachado da obra viva e morta.

20150826_194540

Listo o casco tocou meterlle man á fogonadura do pau. Básicamente facer unha nova, xa que a vella non era máis que un destruzo na cubierta.

20150826_182836

Chegados este punto temos rematada a primera fase da restauración, a da consolidación do casco e o arranxo do punto máis deteriorado da cuberta. Así que aproveitando que os carpinteiros teñen un par de días medio desocupados decidimos iniciar a segunda fase, a da instalación de motor intraborda.

20150826_182809

Vamos aproveitar os calzos orixinais sobre os que xa tivo instalado hai anos un motor intraborda para, unha vez modificados en función da liña de eixo, situar o novo. Aínda que a idea era introducir a metade do motor dentro do camarote, facelo suporía achicar moito o acceso ao mesmo, polo que vamos ter que optar por deixalo na bañeira.

20150826_194417

Un momento de certa importancia estética foi retirar a cuña de madeira que cubría a saída do eixo para a hélice. Isto ven a marcar unha volta ás orixes da dorna e o abandono definitivo do motor forabora, que durante anos afeou a súa fasquía.

RETOMAMOS A SURFEIRA

Despois dun par de meses nos que non puidemos meterlle man á Surfeira por andar liados con outras actividades máis propias do verán, a semana pasada (e continuamos esta) por fin puidemos retomar os traballos na dorna. En realidade, de momento foron os carpinteiros os que están levando a cabo os traballos máis importantes. E a partir de semana que ven seremos nós, os socios, o que teñamos que dar o callo para rematar de rascar, lixar, limpar e deixala bonita, en definitiva.

A primeira das reparacións foi remendar as escarvas das táboas de cubrir de ambos costados, que estaban partidas. Para iso houbo que recurtar as partes deterioradas e remendar cun suplemento novo, que unha vez pintado non se diferenciará do resto da táboa.

1

2

3

4

Como vedes, optamos por atornillar en aceiro inoxidable naqueles puntos do casco onde hai algún madeiro que o permita, como nas cuadernas, para garantirnos que se manteña ben sellado por bastantes anos.

5

O seguinte paso foi tapar unha considerable vía de auga que tiña na obra viva. Para iso houbo que curtar unha sección de táboa bastante grande, que permitise atornillar con garantias o parche nas cuadernas e despois cubrir a vía e sellar.

6

7

Tamén houbo tempo para subirse á cuberta e comezar a arranxar a desfeita que había na fogonadura do pau. De momento limpando a zona para retirar as táboas partidas e meter unhas novas.

9

10

E ao mesmo tempo, os irmáns Garrido xa comezaron a recravar o casco. Como comentamos antes, decidimos optar por atornillar con inox nas cuadernas e remachar en cobre nas xuntas das táboas. Unha opción menos tradicional pero máis efectiva e duradeira, que é o que precisamos agora.

8

Finalmente, pouco a pouco, parece que a restauración vai indo adiante. Agardemos que non xurda ningún imprevisto e a partir da semana que ven poidamos centranos na Surfeira, que xa hai gañas de vela outra vez no mar!

MAR DE DIVERSIÓNS

Pouco a pouco as tardes de agosto van pasando e parece que o verán vai chegando ao seu fin, pero antes de que iso aconteza aínda nos quedan algunhas millas máis por navegar neste “Mar de Diversións”.

IMG-20150813-WA0029

Con unhas e con outras xa estamos finalizando a terceira semana de curso, e aqueles grumetes que coñecemos hai 20 días son xa mariñeiros, ou auténticos patróns, no caso dos “veteranos”.

IMG-20150818-WA0005

Da gusto ver como persoas que nunca tiveron relación coas embarcacións tradicionais nin a navegación a vela en poucos días conectan con este movemento. Entusiasmo así é o que nos motiva a seguir medrando.

IMG-20150818-WA0006

Pero non todo van ser leccións e cousas serias. Dentro de “Mar de Tradicións” tamén hai tempo para a diversión. Ou mellor dito: dentro de “Mar de Diversións” tamén hai tempo para a tradición. E con ese pretexto hai un par de días Anxo decidíu que os alumnos baixasen velas e sacasen remos para participar nun dos xogos populares da Día do Can, a regata de chalanas, que este ano foi de dornas.

IMG-20150819-WA0027

IMG-20150819-WA0028

11845020_887080024691689_9000608698891126751_o

En definitiva, a escola deste ano está dando para moito. E outro tanto que lle queda! Porque a tempada de navegacións e festas aínda garda citas importantes. A primeira delas esta mesma fin de semana en Combarro, a onde nos desplazaremos cos todas as dornas e unha tripulación con gañas de pasalo ben.

20150819_210400

E agora a descansar, que mañá toca travesía!

O PATRIMONIO MARÍTIMO VIVE

Coa triste nova do falecemento do compañeiro Luis Rei aínda sen asimilar, pola perda que iso supón para a cultura galega en xeral pero especialmente para o mundo das embarcacións tradicionais, non se nos ocurre un mellor xeito de homenaxear a súa memoría que cointinuándo coa labor que el mesmo axudou a iniciar alá polo ano 1993, coa creación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a da divulgación e posta en valor do rico patrimonio vinculado ao mar.

Unha das nosas grandes apostas nos últimos anos para a socialización das embarcacións tradicionais é a escola de verán de navegación, este ano bautizada estratéxicamente como “Mar de Tradicións”, que pouco a pouco imos tratando de ampliar, abrir e difundir cada vez máis.

Aos poucos van pasando os días, e con eles as leccións aprendidas, que unhas veces son no mar e outras en terra, como aconteceu coa aula teórico/práctica de nos coa que Anxo nos ilustrou hai unhas xornadas.

20150807_192513

Pero ademáis de moitos novos navegantes, amantes das embarcacións tradicionais que agardamos se unan definitivamente a este movemento social, estamos gratamente sorprendidos co seguemento que a través da prensa se está facendo da actividade, o que sen dúbida axuda a visibilizar a nosa labor.

Faro

En definitiva, o patrimonio marítimo tradicional segue vivo e mentres existan activistas como Luis Rei non deixará de estalo. Descansa en paz, compañeiro!

COMEZA A SEGUNDA SEMANA

Os días van pasando e xa estamos na segunda semana do curso. O alumnado vai mellorando e os que levan máis días ensínanlle aos que se van estreando.

Hoxe saímos con toda a flota. Intentamos navegar coa Milucha pero está impracticable. “É como botar un cesto ao mar”, así que este ano so podemos contar coa Jatiña, Bicoca, Coninha e Habana, polo tanto, queda pechado a admisión de novo alumnado, posto que os plans teñen que variarse, e xa están completas tódalas xornadas cos alumnos que xa hai inscritos e as dornas dispoñibles.

IMG_20150810_173152

E nada mellor que unha boas imaxes para ilustrar a xornada de hoxe: