POSTA A PUNTO DO MOTOR

Hoxe os traballos centráronse en continuar coa posta a punto de motor intraborda Solé Diesel MINI-33 que vamos instalar na Surfeira.

20150901_105712

Despois de facer unha limpeza en profundidade do mesmo (incluído o cambio de aceite e filtros) e desmontar algúns elementos que temos que renovar, como os manguitos e as correas, dispuxémonos a dar un par de capas a pistola de pintura anticorrosiva de cor azul, distintiva dos motores Solé.

20150901_114220

Da gusto ver como un motor de case trinta anos non so aínda funciona perfectamente senón que cun pouco de coidado e unha boa pintura pode quedar como novo.

20150901_115825

20150901_132014

20150901_132059

Para máis información sobre os motores Solé podedes visitar a súa web www.solediesel.com

E ao mesmo tempo que tratamos o motor tamén estivemos rascando e limpando a zona intermedia entre a bañeira e o camarote onde vamos instalalo. Deixar a madeira lista para ser tratada cos productos que Xylazel nos ofreceu é unha prioridade porque nos próximos días queremos instalar o motor e alinear o eixe.

20150901_172218

E como a xornada de hoxe foi longa, aínda tivemos tempo de comezar a traballar no camarote, retirando o que quedaba da instalación eléctrica, xa que vamos poñer unha nova, e tamén uns mamparos laterais que non nos gustaban nada. Xa pensaremos nun novo deseño interior para aproveitar ao máximo o limitado espazo.

20150901_172152