Que pasa coa Jatiña?

Como xa saberedes, este ano a nosa asociación recibiu unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra para acometer unha posta a punto en profundidade da Jatiña. Aínda que a previsión inicial era ter os traballos feitos antes do verán, por cuestións burocráticas foi imposible, así que a finais de setembro, unha vez pasados os compromisos estivais, decidimos pornos mans á obra.

Así entraba a Jatiña no estaleiro de Garrido de Ogrobe.

1

O primeiro paso foi rascar a dorna, tanto a obra morta como a viva, e nesas estivo Anxo durante algúns días.

2. 3.

O seguinte paso foi retirar os antigos cravos do casco para substituílos por uns novos, de cobre.

4. 5 6

Como vedes, o seu estado das puntas era bastante malo, algo normal tendo en conta que dende a súa construción, hai quince anos, nunca foran substituídos. Ademais, durante os traballos de recravado apareceron algúns antigos remendos que houbo que limpar e restablecer.

7. 8

Unha vez listo o casco procedeuse a retirar a cinta e o cintón de regala para colocar uns novos. So que ao facelo apareceron na popa unhas zonas de madeira afectadas pola putrefacción.

9

Chegado ese punto comezábamos a lamentarnos por non ter cambiado directamente as táboas de cubrir, pero unha vez recravadas as vellas tocaba continuar adiante, cortar esa zona para sanear e reconstruír.

10 11

So que unha vez máis agardábanos unha sorpresa: o espello de proa tamén estaba afectado, así que neste caso optamos por substituílo directamente e aproveitar para colocar unha proa tradicional, en lugar do antigo taco para o motor, xa que estamos traballando nun soporte lateral para o foraborda.

12  13

Unha vez saneado o casco e a proa lista púidose colocar a cinta e o cintón da regala, con gran satisfacción polo resultado.

14 15 16 17

O último traballo dos carpinteiros foi substituír a antiga moldura da fogonadura, partida e remendada, por unha nova e máis robusta.

18

Unha vez que os profesionais remataron o choio tocounos volver a dar a cara a nós, e de novo a Anxo, para aplicar masilla nas cabezas das puntas do casco e sicaflex nas xuntas e nalgunhas fendas das táboas, para que despois Jandro se ocupase de lixar e deixar o casco o mais limpo posible para aplicar imprimación.

19 20 21

Co casco listo, tocou subirse á dorna para traballar na cuberta: entre Anxo, Txin e Jandro rascaron, lixaron e limparon toda a cuberta e o interior do tambucho de proa, a tilla e a bañeira.

22 23 24

Agora queda pendente revisar as xuntas das táboas da cuberta para aplicar sicaflex naquelas que o precisen. E unha vez repasado iso, a dar imprimación para despois pintar, xa que a partir de agora a Jatiña vai lucir pintada. Desgrazadamente o tratamento con alcatrán non é a mellor opción para esta dorniña, que xa vai tendo unha idade.

*Actualizamos o estado dos traballos: Anxo xa aplicou as duas mans de imprimación no casco.

1426395_10202256885281510_695184842_n 1425655_10202263527807569_38020258_n 1382845_10202263527247555_1816963982_n

E de seguido a primeira man de pintura negra.

821_10202280536232769_1025345231_n 995563_10202280536832784_604102887_n

Seguiremos informando!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *