Pois ben, hoxe remataron os Luns e Mércores de verán. Despois de poñer en marcha a escola o ano pasado, neste segundo ano a experiencia foi mais que positiva, xa que os “rapaces” -Xoel, Samuel, Sergio e Alberto- dominan as dornas perfectamente, xuntan unha chea de horas de mar, e ademais xa fixeron unhas cantas travesías eles sos. Por outra banda, unha vez que convencemos a David Prado para que se animara a facer tripulación co seu irmán Jose, cada día de escola traía a unha chea de mozos e mozas para que probasen na navegación tradicional en dorna. Lástima que comezaron tarde. Aínda así, Cristina, Cereijo, Tensi, Yolanda, Andrea, Lorena, Diana, Raquel, Juanma e Jon, puideron comprobar o maravilloso que é embarcar nunha dorna, coñecer as súas pezas, novas palabras, termos, nudos… Contamos con que moitos deles participen no desemabrco de Ons do vindeiro 14 de Setembro, que veñan á cea alá polo nadal, e sobre todo, o ano que ven, que volvan vir navegar con nós dende o primeiro día de escola.
O vindeiro verán, terceiro ano, e disque á terceira vai a vencida, así que contamos con que o ano que ven ampliemos o número de dornas e tripulantes navegando na ribeira de Portonovo e en canto sitio nos reclamen.
Saúde e que vivan os Amigos da Dorna de Portonovo!
Na foto faltan Samuel e Sergio Silva, que andaban a estudiar na casa, seica tiñan recuperacións…. Hai que espabilar!!