Quedaba pendente publicar un vídeo da regata de remos de Combarro. Pois ben, aquí está, coa Habana entrando en primeiro lugar, este ano con Alberto e Samuel. Logo, a Bicoca, que non puido ser máis que segunda, con NoLo e Prado.
Amigos da Dorna
A Jatiña no Lérez
Houbo un 14 de xuño deste ano, que coa escusa de ir a ao festival de música “Surfing The Lerez”, tiramos coa Jatiña ata o fondo da ría para subir polo Lérez arriba ata a presa de Monteporreiro. Neste video pódese apreciar a beleza do entorno, anque non hai imaxes nin palabras para reflexar o ben que o pasamos ese día. Únicamente Colin, o noso australiano adoptado, se aproximou afirmando “Oh yeah, another beautiful day on paradise”. Contamos con que no 2015 poidamos repetir a aventura, se cadra, con toda a flota.
Bota a andar a III Escola de Verán
Hoxe martes 8 de xullo de 2014 comezou o terceiro curso da escola de verán dos Amigos da Dorna de Portonovo. A partires de agora, tódolos martes e xoves do verán, ás 16:30 no local da asociación, impartiránse clases de navegación tradicional en dorna. Os interesados en participar, non teñen máis que pasarse polo local e comunicalo para ver se hai posibilidade de participar, pois os medios son limitados, e no seu caso, informarase das condicións do curso.
Coma tódolos anos, haberá momentos de navegación na costa, travesías a Combarro e Bueu, momentos en que toque reparar as dornas, aprender a facer nudos, etc.. O curso rematará cunha reválida alá por setembro, que consistirá nunha travesía ata Ons para participar no tradicional “Desembarco de Ons”, onde se procederá á graduación dos alumnos participantes.
Seguiremos informando.