Imaxes do 2014

Dado que este ano houbo unha cantidade inxente de fotos e vídeos, en parte por culpa da nova fichaxe, Nacho, que non para quieto coa cámara, pois cociñouse un dvd coas imaxes do 2014. Non están recollidos tódolos momento, ben porque non había cámaras, ben porque as mans estaban ocupadas, ben porque houbo que censurar (é polo ben do pueblo…) A cuestión é que temos imaxes dende xaneiro, que fumos ao monte a por paus, ata outubro, que levamos as dornas para unha nave. En entre eses meses temos fotos e vídeos da restauración da Milucha, dende que fomos a Bueu a buscala, ata que volveu navegar a vela. Tamén temos un video da Jatiña subindo polo Lérez, en Lekeitio, en Cangas, da Volta a Arousa… Non podían faltar imaxes de Bueu e de Combarro, incluíndo o arrase da Regata da Pamplina a remos. E para rematar, fotos e vídeos da nosa presencia en Moreiras (O Grove) e máis en Aguete. Deste ano non temos fotos do Desembarco de Ons, xa sabedes que os de Portonovo “rajámonos” ante a surada -unha pena, porque en Ons sempre sairon fotos con caretos auténticos- En fin, ahí vai a introducción do DVD. Mañán na cea faise reparto.