Bota a andar a III Escola de Verán

Hoxe martes 8 de xullo de 2014 comezou o terceiro curso da escola de verán dos Amigos da Dorna de Portonovo. A partires de agora, tódolos martes e xoves do verán, ás 16:30 no local da asociación, impartiránse clases de navegación tradicional en dorna. Os interesados en participar, non teñen máis que pasarse polo local e comunicalo para ver se hai posibilidade de participar, pois os medios son limitados, e no seu caso, informarase das condicións do curso.

Gran parte dos alumnos no primeiro dia de curso, coa Txapela que trouxemos de Lekeitio
Gran parte dos alumnos no primeiro día de curso, coa Txapela que trouxemos de Lekeitio

Coma tódolos anos, haberá momentos de navegación na costa, travesías a Combarro e Bueu, momentos en que toque reparar as dornas, aprender a facer nudos, etc.. O curso rematará cunha reválida alá por setembro, que consistirá nunha travesía ata Ons para participar no tradicional “Desembarco de Ons”, onde se procederá á graduación dos alumnos participantes.

Seguiremos informando.