Recuperando imaxes… Regata da Pamplina a Remos – Combarro 2011

Pois como parece que os vídeos e mailo “yutú” vanlle pasando por riba ás fotos, aí vai unha grabación da Regata da Pamplina de Remos do ano 2011. Por suposto, gañou unha dorna de Portonovo, por terceiro ano consecutivo. Desta volta foi a Habana, con Anxo e Milú de tripulantes. A Bicoca, primeira os dous anos anteriores, so puido chegar ao terceiro posto, con Turtle e Chapela a bojar.
Queda pendente de publicar o vídeo da regata deste ano 2014 e o histórico de clasificacións.

Imaxe: pontevedraparalemundo.com

A Habana na Illa do Santo

O pasado sábado, logo de traballar duramente neste último mes nela, a Habana foi para o mar novamente, e onte tocou facerlle as probas correspondentes para ver se mete auga, se hai algo que quedou atrás sen reparar, se hai que cambiar algo…así que puxemos rumbo á Illa do Santo do Mar.

Por todos é coñecido que na boca da Ría de Pontevedra están as Illas de Onza e Onza, e no fondo da ría a Illa de Tambo. Pero, haivos unha terceira illa na mesma ría (senón cuarta, xa que en Campelo está o Illote dos Ratos) a Illa do Santo do Mar, ou de San Clemente, situada na parroquia de Ardán, en Marín. A illa, hoxendía, está unida a terra por un tómbolo de area que permite chegar a pe nas baixamares. Nesta pequena illa, de 1.4 hactáreas, existiu un castro datado na idade do ferro, do que se pode observar a cachotería rebentada polo mar. Máis tarde, supoño que na mesma liña de “evanxelización” de lugares habitados por bárbaros, construiuse unha capela da que existen as ruinas, en honra a San Clemente e na que, antigamente, celebrábase unha concorrida romaría, sendo cantada esta, na idade media, por Nuno Treez, dicindo así:
[…]
San Clemenço do Mar,
se mi d’el non vingar,
non dormirei,
San Clemenço señor.
Se vingada fôr,
non dormirei.
Se mi d’el non vingar,
do fals’ e desleal,
non dormirei.
Se vingada non fôr
do fals’e traedor
non dormirei.
[…]
IMG_20140518_151307

IMG_20140518_151934

IMG_20140518_152024

Pois esta foi a primeira ruta desta nova tempada de veleo, dorna, e tamén de descubrimentos…

Fontes:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Illa_de_San_Clemente
http://patrimoniogalego.net/index.php/5137/2011/09/castro-da-illa-do-santo-do-mar/

Cruzala ría, cruzalo mar

Cando eramos nenos (e non fai tanto…), en Korea, para facer referencia ás distancias curtas, comentábase o tamaño da “pirila” dalgún ó que non lle tiñamos moito afecto. Pero, para as grandes lonxitudes soíase empregar: …DE AQUÍ A BUEU!
É curioso o dos comentarios sobre a gran distancia que nos separa de cidades como Madrid por exemplo  -ufff, daquela eran un mundo de kilómetros, e hoxe chégase nun pulo, sexa en avión, en coche ou no que sexa-
Pois ben, as distancias que fai uns anos eran “descomunales” para nos, como cruzala ría, hoxe, seguímolas tomando como antes, en dorna.
Velaí a Habana amarrada en Bueu.
habana_bueu

O Beber…

A relación dorna-armador, e viceversa, e unha relación sincera, xusta e de moito sentimento. Coma en tódalas relacións hai momentos duros, incluso de maltrato á outra parte, e coma non, momentos de pracer compartido. Hoxe foi un día deses de complicidade mutua, hoxe tocou beber: bebeu a Habana, e mais bebeu o armador. E cada un ó seu, coma en Ribadeu! A dorna péjalle ó alquitrén, o armador ó alpiste.

HAB_beber

A Habana quedou “farta de millo”; ó armador, algún día lle chegará a fartura do seu…