ALQUITRÁN E PRA O MAR!

Hai xa algunhas semanas que tíñamos a Jatiña pintada e lista para saír do retiro invernal, so que o tempo non animaba a arriscar, xa que idea era botala a hinchar e logo remata na rampa dándolle alquitrán.

1

Pero hai un días organizamos o equipo e puxémonos mans á obra co traslado. Despois de varios meses en terras de Meaño tocaba voltar para Portonovo.

2

3

Un pouco mareada da viaxe, pero san e salva, foi tocar o chan e pedir a berros o primeiro baño da tempada. E como nós somos jiadiños, pois unha semana a hinchar!

No mar as jaivotas deron cabo dela. Nótase ben que é unha jatiña mansa. Aínda así, seica andivo polas noites de fondeo en fondeo a ver se atopaba compañía.

4

Ao final tivemos que ir buscala con caramelos. E que lle prometemos? Pois o que máis lle gusta: alquitrán. E o prometido é débeda!

5

6

Polas nosas mans (e o resto do corpo) pasaron uns cuantos litros de alquitrán, misturado con Xylazel Total IF-T, que aplicamos en todo o interior (á cuberta xa fora tratado co lasur Xylazel Plus Mate en cor nogal).

7

Feito isto quedaba o detalle máis importante: foliar. E desta vez decidimos tirar de artista e facelo ao xeito tradicional.

10

8

9

Por fin, despois de bastantes meses, a dorna voltaba a ser Jatiña de Portonovo. E que mellor maneira de celebralo que cunha travesía a Ons!

11

Que fose a primeira de moitas navegacións neste 2016!

A Jatiña no Lérez

Houbo un 14 de xuño deste ano, que coa escusa de ir a ao festival de música “Surfing The Lerez”, tiramos coa Jatiña ata o fondo da ría para subir polo Lérez arriba ata a presa de Monteporreiro. Neste video pódese apreciar a beleza do entorno, anque non hai imaxes nin palabras para reflexar o ben que o pasamos ese día. Únicamente Colin, o noso australiano adoptado, se aproximou afirmando “Oh yeah, another beautiful day on paradise”. Contamos con que no 2015 poidamos repetir a aventura, se cadra, con toda a flota.

Dornas ao mar

Aproveitando que as predicións anunciaban bo tempo para estes días, o mércores, ainda con choiva, decidimos adiantar a botadura da Milucha para deixala un par de días a hinchar nun fondeo e así sellar calquera pequena vía, aínda que como puidemos comprobar, non metía nin jota.

20140430_182125

Alá fomos unha pequena cuadrilla para subila ao carro e levala á rampa, onde a descargamos e acto seguido oficiamos o bautismo de mar.

20140430_190603

Ao día seguinte, o xoves, repetimos a manobra coa Jatiña, esta vez cunha cuadrilla un pouco máis nutrida e experimentada nas labores de carga e descarga.

CIMG9197

CIMG9201

CIMG9202

Pero esta vez tivemos que agardar a que as mareas fixesen o seu traballo, tempo que aproveitamos para tomar algo e durmir unha siesta. Ata que por volta das cinco da tarde a Jatiña bicou o mar por primeira vez dende setembro, humedeceu a súa quilla e no momento do clímax arriamos cabos e deixámola ir polo mar adiante. Seica dixo que non contemos con ela antes do sábado. Pois que así sexa!

CIMG9203

Que pasa coa Jatiña?

Como xa saberedes, este ano a nosa asociación recibiu unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra para acometer unha posta a punto en profundidade da Jatiña. Aínda que a previsión inicial era ter os traballos feitos antes do verán, por cuestións burocráticas foi imposible, así que a finais de setembro, unha vez pasados os compromisos estivais, decidimos pornos mans á obra.

Así entraba a Jatiña no estaleiro de Garrido de Ogrobe.

1

O primeiro paso foi rascar a dorna, tanto a obra morta como a viva, e nesas estivo Anxo durante algúns días.

2. 3.

O seguinte paso foi retirar os antigos cravos do casco para substituílos por uns novos, de cobre.

4. 5 6

Como vedes, o seu estado das puntas era bastante malo, algo normal tendo en conta que dende a súa construción, hai quince anos, nunca foran substituídos. Ademais, durante os traballos de recravado apareceron algúns antigos remendos que houbo que limpar e restablecer.

7. 8

Unha vez listo o casco procedeuse a retirar a cinta e o cintón de regala para colocar uns novos. So que ao facelo apareceron na popa unhas zonas de madeira afectadas pola putrefacción.

9

Chegado ese punto comezábamos a lamentarnos por non ter cambiado directamente as táboas de cubrir, pero unha vez recravadas as vellas tocaba continuar adiante, cortar esa zona para sanear e reconstruír.

10 11

So que unha vez máis agardábanos unha sorpresa: o espello de proa tamén estaba afectado, así que neste caso optamos por substituílo directamente e aproveitar para colocar unha proa tradicional, en lugar do antigo taco para o motor, xa que estamos traballando nun soporte lateral para o foraborda.

12  13

Unha vez saneado o casco e a proa lista púidose colocar a cinta e o cintón da regala, con gran satisfacción polo resultado.

14 15 16 17

O último traballo dos carpinteiros foi substituír a antiga moldura da fogonadura, partida e remendada, por unha nova e máis robusta.

18

Unha vez que os profesionais remataron o choio tocounos volver a dar a cara a nós, e de novo a Anxo, para aplicar masilla nas cabezas das puntas do casco e sicaflex nas xuntas e nalgunhas fendas das táboas, para que despois Jandro se ocupase de lixar e deixar o casco o mais limpo posible para aplicar imprimación.

19 20 21

Co casco listo, tocou subirse á dorna para traballar na cuberta: entre Anxo, Txin e Jandro rascaron, lixaron e limparon toda a cuberta e o interior do tambucho de proa, a tilla e a bañeira.

22 23 24

Agora queda pendente revisar as xuntas das táboas da cuberta para aplicar sicaflex naquelas que o precisen. E unha vez repasado iso, a dar imprimación para despois pintar, xa que a partir de agora a Jatiña vai lucir pintada. Desgrazadamente o tratamento con alcatrán non é a mellor opción para esta dorniña, que xa vai tendo unha idade.

*Actualizamos o estado dos traballos: Anxo xa aplicou as duas mans de imprimación no casco.

1426395_10202256885281510_695184842_n 1425655_10202263527807569_38020258_n 1382845_10202263527247555_1816963982_n

E de seguido a primeira man de pintura negra.

821_10202280536232769_1025345231_n 995563_10202280536832784_604102887_n

Seguiremos informando!