Os Amigos da Dorna en Lekeitio

O pasado día 27 de xuño, coincidindo coas festas de San Pedro, os Amigos da Dorna de Portonovo desplazáronse, como parte da delegación formada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, ata a vila vasca de Lekeitio, convidados polos compañeiros de “Euskal Batel-eroak“.

O Konboi
O Konboi

A Jatiña foi a dorna escollida para a representación, e as persoas que se dignaron a participar en tal campaña foron:
>No-lo ás tácticas de comunicación.
>Rafa Anido tomando sondas e fondos.
>Anxo e Prado na representación e vixía nocturna.
>Lidia, dos Galos de Bueu, como representación da banda do mar.
>Ibon como patrón de augas profundas.
>Xoel mantendo a cordura e frescura do equipo.

Foto de equipo
Foto de equipo

Non se puideron resistir a embarcar:
>Beñat, secreatario de Euskal Batel-eroak e “Tximenea dos Altos Hornos de Bizkaia”
>Trontxo, guía local polo río arriba.
>Sami, “gabacho” que participa no proxecto da Nao San Juan.

Pois ben, Lekeitio é unha vila mariñeira semellante a Portonovo, cunha historia ligada ao mar dende sempre, cun porto cheo de barcos de pesca e que pouco a pouco foi perdendo protagonismo para hoxendía quedar dúas bacas e pouco máis barcos de pesca artesanal; a actutualidade, o turismo. Así que podemos decir que, pese ás distancias, case non cambiamos de vilas.

Vista parcial de Lekeitio
Vista parcial de Lekeitio

A concentración coincidiu, como dixen antes, coa festividade de San Pedro, patrón da Vila, e ao que o homenaxean cunha procesión un tanto singular, xa que lle dan uns meneos amenazandoo con tiralo ao mar se non hai boa pesca. Por outro lado, o ambiente da Vila era caralludo, coa xente polas rúas día e noite. Outra cousa que gustaba moito era escoitar aos rapaces, xogando todo o día polas rúas, falar entre eles en euskera.

De navegar, pois ben pouco. O sábado de mañán o tempo permitiu sair para facer uns bordos, con Ibon á caña, que facía tempo que non embarcaba na Jatiña. Pola tarde, pois entrou a “galerna” prevista e non se puido sair do porto, igual que o domingo de mañán. Así que sin haber regata de remos e vela, a organización dictou (en euskera) “LA ASAMBLEA DE MAJARAS HA DECIDIDO…” que o premio fora para a Jatiña, por ser a embarcación máis vistosa, bonita, e coa tripulación máis caralluda, polo que nos galardoaron cunha TXAPELA conmemorativa. Pero pola tarde, atendendo á información que nos deron os compañeiros da Illa de Arousa, e coas forzas que nos dera a recepción de tal distinción, navegamos polo río arriba descubrindo unha paixase moi bonita e unhas carpinterias de ribeira expectaculares, da man do compañeiro Trontxo, que nos guiou polas canles da marisma ata onde non puidemos subir máis.

A Jatiña no medio da dársena
A Jatiña no medio da dársena -foto de Itxas Egurra Haizea-
Recibindo a Txapela á embarcación mais bonita
Recibindo a Txapela á embarcación mais bonita

E pouco máis que contar desta viaxe. O mellor de todo, coma ven sendo constume, é coñecer a novos compañeiros de aventuras, como a Trontxo, Kepa, Dimitri, Beñat… todos eles currantes para que este xuntanza fose posible, moitas gracias a todos eles dende aquí. Tamén gracias a Braulio e aos Mariñeiros de Bouzas e ao Clube de Salvamento Sanxenxo polos seus respectivos e xenerosos préstamos.

Máis nada, sabedes que o que pasa cando cae o sol non se conta, e se tendes curiosidade, pois apuntádevos para a próxima.

A Txapela de ouro!
A Txapela de ouro!

Actulización! Ahí vai un vídeo publicado en youtube por Jose Latorre