Na mesma liña de publicar vídeos de fai algún tempo, hoxe toca recordar a inauguración do noso “Local Social”, o día 10 de xuño de 2011. Este acto “solemne” onde o Sr. Presidente nos ofreceu unhas sabias verbas, foi amenizado pola “gaita irreal” de Pelouro e acompañado por unha caixa de sardiñas asadas, de aí tan abultada convocatoria…
Tamén é bo recordar que antes desa inauguración tocou currar duramente, primeiro picando a masa das paredes interiores, logo instalando unhas fiestras novas (recicladas), para seguir meténdolle alumbrado interior e piso de madeira, reparando tellado e portas, e finalmente pintando a fachada e mailo interior. Todo un choio!