A ESCOLA CHAMADA SURFEIRA

Diario

Se a prensa o di, nós so podemos confirmalo: onte mesmo asinamos o contrato de compra da Surfeira, así que é oficial, temos dorna nai na asociación!

Anxo e Ñan

E como levábamos tanto tempo agardando por este momento, foi chegar e pornos a traballar. De momento simplemente facendo limpeza a bordo, para valorar mellor a situación da dorna e planificar os seguintes pasos.

Maior

Agora toca traballar duro de verdade. Por un lado continuando na busca de financiamento, tanto público como privado, para acometer a restauración nas mellores condicións. Nese sentido temos que agradecer a Gadis e Froiz a colaboración prestada. E polo outro a base de rascar, lixar e pintar. Pero diso e doutras cousas iremos informando pouco a pouco.

Benvida sexa a Surfeira!

PROXECTO “SURFEIRA”

SAMSUNG DIGITAL CAMERA

Como xa publicamos no último número do Cabeso, un dos nosos principais obxetivos -por non dicir o máis importante- para os próximos meses é recuperar esta fermosa dorna nai, chamada “Surfeira”. E niso estamos, de momento traballando para conseguir o financiamento, tanto a través de axudas públicas como de patrocinadores privados, que nos permita asumir o desafío con certas garantías.

A idea é converter a dorna no noso humilde buque escola. Unha embarcación de maiores dimensións coa que poidamos continuar a organizar, e incluso ampliar, o curso de iniciación á navegación tradicional que inauguramos hai xa tres veráns, e que a partir de agora queremos bautizar como “Mar de Tradicións”, sendo unha das nosas grandes apostas de futuro para a difusión do patrimonio marítimo tradicional de Galicia.

Seguiremos informando!