TERCEIRO DÍA DA ESCOLA

As cousas van avanzando na escola. Esta semana os alumnos teñen que ter claro como se fai unha virada: que ten que facer o patrón, e que ten que facer o proel. E o obxetivo vaise con seguindo.

Saimos en tres dornas: Habana e Bicoca, cunha parella cada unha, e a Jatiña, con catro alumnos. O día pintaba ben para aprender. Vento constante e lixeiro do oeste (travesía), así que non había perigo se nos equivocábamos coas maniobras.

A Bicoca, co equipo dos “cuñados” tomaba vantaxe e fartáronse a facer manobras ata que case lle saían cos ollos pechados. Á Habana costáballe algo máis e houbo que baixar pau para poder seguir navegando (soltóuselles a verga!). E na Jatiña, dobles parellas turnábanse para facer as maniobras coa, cada vez menor, axuda do monitor.

Así que todo vai indo. Hoxe venres, que disque vai haber moito vento, tocará “teoria” e practicar nos, que boa falta fai!

Agora van unhas imaxes que sacou o compañeiro Víctor Loira.

IMG-20150806-WA0009

IMG-20150806-WA0010