Tradición e novas tecnoloxías

Este inverno deu para moito e, entre outras cousas, prestámonos a facer un escaneado 3D da Bicoca,en colaboración con varios técnicos de topografía.

Escaner - Bicoca

O escaneado consiste en xerar unha nube de puntos e o correspondente modelado, de onde se poden sacar ortofotos, planos, etc, sobre os que poder medir con máxima precisión calquera elemento da imaxe.

Planos Bicoca

Fai un par de semanas tocoulle o turno á Jatiña, para levantarlle uns planos iguais ós que se mostran na imaxe anteriorEscaner - Jatiña

Tamén se lle fixo un modelado 3D, que se xera a partir de varias posicións de cámara fotográfica. esta técnica chámase fotogrametría.

 

jatinha2

jatinha

E queda, se cadra, a mais importante de todas, a Boca Junior, que podemos dicir que é única, de aí a importancia de poder levantar uns planos cunha exactitude máxima.

Hai que agradecerlle o traballo realizado a Luis Abal, Darío Fontán, David Gallo, Marta Fontán e Rubén Cifrián, que, dun xeito ou outro, colaboraron para poder levar a cabo estes traballos.

One thought on “Tradición e novas tecnoloxías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *