Cea de Natal do 2014

Cea

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como tódolos anos (e xa van alá 17), o vindeiro domingo día 28 ás 21:30 horas temos a cea de natal da asociación, para conmemorar o día no que se fundou oficialmente Amigos da Dorna de Portonovo. Este ano, respetando o acordado na asemblea xeral do ano pasado (non repetir dous anos nun mesme restaurante) vai ser na Taberna do Astillero (antigo Rincón do Cigala).

O menú: entrantes (empanada, croquetas, calamares e pastel de centola), prato principal (a escoller entre croca de boi, secreto de porco ibérico ou bacallao ao forno), bebida, postre, café, chupitos e queimada.

E parece ser que este ano imos romper records de asistencia, así que se prepare Portonovo para o que lle ven o 28!

Pero antes diso, o mesmo domingo a partir das 18:00 temos que celebrar no noso local a asamblea xeral de socios, para a cal rogamos a máxima asistencia, pois resulta fundamental para tomar as decisión oportunas nos asuntos a tratar, entre eles o de escoller unha nova directiva, para a cal, por certo, van facer falta novas incorporacións.

 

Tradición e novas tecnoloxías II

Retomando o fío que se publicara anteriormente co título de “Tradición e novas tecnoloxías”, comezan a chegar os resultados daqueles traballos levados a cabo polos compañeiros Darío e Rubén, que consistían en facer mapeados 3D das dornas para logo facer planos, imaxes animadas, videos…

Velaeiquí unha visión diferente da Jatiña…

DORNA JATIÑA
by cifrijan
on Sketchfab

Remata a escola de vela -para o ano máis-

Pois ben, hoxe remataron os Luns e Mércores de verán. Despois de poñer en marcha a escola o ano pasado, neste segundo ano a experiencia foi mais que positiva, xa que os “rapaces” -Xoel, Samuel, Sergio e Alberto- dominan as dornas perfectamente, xuntan unha chea de horas de mar, e ademais xa fixeron unhas cantas travesías eles sos. Por outra banda, unha vez que convencemos a David Prado para que se animara a facer tripulación co seu irmán Jose, cada día de escola traía a unha chea de mozos e mozas para que probasen na navegación tradicional en dorna. Lástima que comezaron tarde. Aínda así, Cristina, Cereijo, Tensi, Yolanda, Andrea, Lorena, Diana, Raquel, Juanma e Jon, puideron comprobar o maravilloso que é embarcar nunha dorna, coñecer as súas pezas, novas palabras, termos, nudos… Contamos con que moitos deles participen no desemabrco de Ons do vindeiro 14 de Setembro, que veñan á cea alá polo nadal, e sobre todo, o ano que ven, que volvan vir navegar con nós dende o primeiro día de escola.

IMG_20130902_205202

O vindeiro verán, terceiro ano, e disque á terceira vai a vencida, así que contamos con que o ano que ven ampliemos o número de dornas e tripulantes navegando na ribeira de Portonovo e en canto sitio nos reclamen.
Saúde e que vivan os Amigos da Dorna de Portonovo!