Últimamente so recibimos boas novas en relación ao “Proxecto Surfeira”. Despois da confirmación definitiva do apoio por parte de Nauta Sanxenxo a semana pasada, hoxe podemos dicir que tamén se nos une como patrocinador a empresa galega Xylazel, especializada en solucións específicas de proteción e tratamento para a madeira, entre outros produtos.
Para comezar Xylazel ofreceunos a visita de René Petit, o seu Director de Servizo Técnico e Desenrolo, para evaluar o estado da embarcación e recomendarnos os productos que deberemos usar cando rematemos coa restauración de carpintería.
Durante a visita aproveitamos para intercambiar impresións cos carpinteiros, neste caso Fabián Garrido, sobre as vantaxas dos modernos produtos de tratamento da madeira, fronte aos tradicionais aceites e alquitráns.
Sen dúbida a visita de René foi de gran axuda para entender cales son os produtos axeitados para a Surfeira. Agora xa so queda decidir color e facer o pedido.
E como non podía ser doutro xeito, grazas a Xylazel por unha colaboración material que nos resulta de enorme axuda para levar adiante o proxecto. Seguiremos informando sobre a aplicación dos produtos e a descripción das súas características unha vez que comecemos coas tarefas de tratamento.