A Directiva de Amigos da Dorna de Portonovo renóvase de maneira asemblearia (a través do sistema de listas abertas e candidaturas libres) cada dous anos. Acostuma estar composta por entre oito e dez persoas que de xeito voluntario e altruísta asumen o compromiso de facerse cargo da administración da asociación, coa inevitable carga de traballo e tempo que iso implica.
A actual Directiva (2024-2025) está formada por Xoel Otero como Presidente, Alberto González como Vicepresidente, Alejandro Piñeiro como Secretario, Alfonso Solla como Tesoureiro e Ana Leiro, Rosa García, Gemma Fortes, Dolores Leal, José Manuel Prado e David Pérez como Vogais.