Salitre nas veas é unha exposición deseñada para circular polos centros educativos do noso concello e coa que queremos amosar aos rapaces unhas pinceladas da nosa cultura mariñeira e tamén unha breve presentación da nosa asociación e da labor de recuperación que realizamos.
Está conformada por dez paneis en formato roll-up (paneis enrolables e con soporte vertical propio) deseñados tomando como base os mapas que da costa galega (neste caso das rías de Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo) realizou no ano 1634 o cartógrafo portugués Pedro Teixeira Albernaz.
En canto ás temáticas, abórdanse a relación secular dos nosos veciños co mar, a persistencia das embarcacións tradicionais no nosa ría e a labor de recuperación e conservación que realizamos dende a nosa asociación.