Nos últimos anos temos apostado por deseñar e levar a cabo diferentes actividades lúdico-culturais –que nós chamamos obradoiros mariñeiros– dirixidas a nen@s, con resultados moi positivos.
Dende exposicións sobre diferentes aspectos da cultura mariñeira galega ou as nosas embarcacións tradicionais ata bautismos de mar. Pasando por obradoiros de nós, talleres de manualidades de temática marítima e mostras de cestería pesqueira.