Amigos da Dorna de Portonovo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxetivo fundamental participar na recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio cultural marítimo de Galicia, en xeral, e das súas diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais, en particular.
Trátase dunha labor voluntaria, moitas veces complicada pero sempre agradecida, e que levamos a cabo coa ilusión de contribuír a promover o gusto polo coñecemento da nosa cultura mariñeira popular a través da práctica dunha actividade de ocio cultural como é hoxe en día a navegación tradicional a vela.
O mantemento desta actividade implica unha serie de gastos económicos derivados da conservación das nosas embarcacións, os cales conseguimos afrontar grazas principalmente á aportación d@s soci@s, quenes pagan unha cota anual de vinte euros, a cambio do cal gozan de plenos dereitos para participar en tódolos eventos que organicemos ou sexamos invitados.
Se queres facerte soci@ e unirte a esta familia, podes contactarnos a través das seguintes vías:
– Un email a correo@amigosdadorna.org
– Unha chamada ou mensaxe de WhatsApp ao 647 13 25 52
– Unha carta a rúa Rafael Picó Nº 58, 36970, Portonovo (Pontevedra)
– Ou unha visita ao noso local (ao lado da parada de taxis de Portonovo)