ALQUITRÁN E PRA O MAR!

Hai xa algunhas semanas que tíñamos a Jatiña pintada e lista para saír do retiro invernal, so que o tempo non animaba a arriscar, xa que idea era botala a hinchar e logo remata na rampa dándolle alquitrán.

1

Pero hai un días organizamos o equipo e puxémonos mans á obra co traslado. Despois de varios meses en terras de Meaño tocaba voltar para Portonovo.

2

3

Un pouco mareada da viaxe, pero san e salva, foi tocar o chan e pedir a berros o primeiro baño da tempada. E como nós somos jiadiños, pois unha semana a hinchar!

No mar as jaivotas deron cabo dela. Nótase ben que é unha jatiña mansa. Aínda así, seica andivo polas noites de fondeo en fondeo a ver se atopaba compañía.

4

Ao final tivemos que ir buscala con caramelos. E que lle prometemos? Pois o que máis lle gusta: alquitrán. E o prometido é débeda!

5

6

Polas nosas mans (e o resto do corpo) pasaron uns cuantos litros de alquitrán, misturado con Xylazel Total IF-T, que aplicamos en todo o interior (á cuberta xa fora tratado co lasur Xylazel Plus Mate en cor nogal).

7

Feito isto quedaba o detalle máis importante: foliar. E desta vez decidimos tirar de artista e facelo ao xeito tradicional.

10

8

9

Por fin, despois de bastantes meses, a dorna voltaba a ser Jatiña de Portonovo. E que mellor maneira de celebralo que cunha travesía a Ons!

11

Que fose a primeira de moitas navegacións neste 2016!