Mans ás dornas!

Esta fin de semana decidimos pornos mans ás dornas. Onte comezamos coa nova. De momento todo foi rascar e “privar”. E niso se esforzaron the Prado brothers, Dani Barbeito, “the captain Colin” e Jandro. Esta primeira xornada foi un tanto improvisada, pero bastante produtiva, como podedes ver nas seguintes fotos. E como o pasamos moi ben, para hoxe decidimos ir ao monte a facer unha escolla selectiva e bio-sostible de dous piñeiros dereitiños para ter de reserva. Así, Madrugamos para reunirnos (Anxo, Prado, Silva, Xoel e Jandro) na Lonxa e tomar un café, fomos buscar o carro, e con el ao monte, talamos os piñeiros, escapamos clandestinamente, quitámoslles a cacha na nova guarida, cargámolos de novo no carro, levámolos para o porto e botámolos ao mar e voltamos á Lonxa a celebralo. Un círculo perfecto!

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

10

11

12

13

14

15

16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *