Quilla ó sol!!

Hai días en que dalo todo non é suficiente, e é cando se cita o “hai que mollarse”. Pois hoxe foi un día deses. A Habana, que xogaba en casa, deu ata o que non tiña para rematar a regata nunha boa posición, pero, nunha mala manobra moi acelerada do patrón, xunto coas rachas de vento que había hoxe na ría, a cousa rematou como se mostra na imaxe (tirada por Chou)

Habana quilla ó sol
A cousa ben valeu a pena, porque había en xogo unha boa posición, ademais, que carallo!, hai que arriscar, que para iso están os das lanchas de seguridade, por si se nos “joden os frenos” (e moi ben que fixeron o rescate, por certo).
Pois iso, primeira quilla ó sol da Habana, contemos que non se repita, pero, se volve unha destas, estamos preparados!!!
Para o sábado que ven, Regata do Faros nunha xornada matinal de veleo no Grobe. A ver como sae…

One thought on “Quilla ó sol!!

Deixa una resposta a Alejandro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *