A cousa do pantalán vai despacio!

As negociacións, por non dicir a noso incordio a Portos de Galicia, para conseguir unha mellora nas condicións nas que amarramos os nosos barcos continúan. Din as malas linguas que con un padriño, a ser posible dentro do Consello de Administración de Portos, xa estaba o asunto solucionado, pero nós non queremos entrar nese xogo, así que se pretendemos facer as xestións pola vía oficial, toca insistir unha e outra vez, agardar e  ter paciencia. Así están as cousas.

Queremos un recoñecemento positivo por parte de Portos de Galicia e solicitamos que se nos facilite a labor a prol da recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio marítimo tradicional a través da habilitación de espazos portuarios reservados para asociación sen ánimo de lucro como a nosa e o establecemento de tarifas adaptadas á nosa realidade. Porque xa basta de ser humildes: nós levamos a cabo unha labor altruísta cun importante valor social, cultural e ata económico. Estamos contribuíndo a cambio de simple satisfacción persoal ao sostemento dunha parte fundamental da nosa cultura e consolidando un recurso patrimonial que de feito xa xera, e máis que podería facer, importantes ingresos económicos. E o único que obtemos é indiferenza e falta de colaboración por parte de Portos de Galicia.

Por enésima vez, a semana pasada presentei unha solicitude para obter a autorización por parte de Portos para a ocupación e uso dos primeiros 10 metros do pantalán dos xubilados. A intención a día de hoxe é que unha vez teñamos esa autorización, pedir ao Concello que se preste a presentar ao Grupo de Acción Costeira un proxecto conxunto para subvencionar a instalación dos catro fingers.

CIMG9092

O que queremos é habilitar nese pantalán unha zona diferenciada para embarcacións tradicionais. Para iso levaríamos a cabo unha limpeza e rehabilitación dos primeiros dez metros de pantalán, instalaríamos catro fingers para dispor oito prazas de amarre adaptades as características das nosas embarcacións, probablemente tamén disporíamos un punto auga e luz, e finalmente colocaríamos en terra un panel informativo para facilitar a identificación e coñecemento das diferentes tipoloxías.

Sin título-1

Non é que esta fórmula nos faga sentirnos mais optimistas, pero vendo que as xestións levaban meses paralizadas quixemos intentar reanudalas eximindo a Portos de calquera custe económico. Agora é unha cuestión de simple vontade, tanto pola súa parte como pola do Concello. Veremos qué sucede.

PANTAL~1

Qué alegría ver como os nosos compañeiros de Combarro ou Bouzas teñen os seus pantaláns!

tg_carrusel_cabecera_grande

One thought on “A cousa do pantalán vai despacio!

  1. Sin querer desanimaros, todos os problemas que os podedes imaxinar pasamalos nos tamen en Bouzas e iso que o pantalan o pagamos integramente nos, sin ningunha axuda e iso que promesas tiñamos de todalas administracións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *