A Habana na Illa do Santo

O pasado sábado, logo de traballar duramente neste último mes nela, a Habana foi para o mar novamente, e onte tocou facerlle as probas correspondentes para ver se mete auga, se hai algo que quedou atrás sen reparar, se hai que cambiar algo…así que puxemos rumbo á Illa do Santo do Mar.

Por todos é coñecido que na boca da Ría de Pontevedra están as Illas de Onza e Onza, e no fondo da ría a Illa de Tambo. Pero, haivos unha terceira illa na mesma ría (senón cuarta, xa que en Campelo está o Illote dos Ratos) a Illa do Santo do Mar, ou de San Clemente, situada na parroquia de Ardán, en Marín. A illa, hoxendía, está unida a terra por un tómbolo de area que permite chegar a pe nas baixamares. Nesta pequena illa, de 1.4 hactáreas, existiu un castro datado na idade do ferro, do que se pode observar a cachotería rebentada polo mar. Máis tarde, supoño que na mesma liña de “evanxelización” de lugares habitados por bárbaros, construiuse unha capela da que existen as ruinas, en honra a San Clemente e na que, antigamente, celebrábase unha concorrida romaría, sendo cantada esta, na idade media, por Nuno Treez, dicindo así:
[…]
San Clemenço do Mar,
se mi d’el non vingar,
non dormirei,
San Clemenço señor.
Se vingada fôr,
non dormirei.
Se mi d’el non vingar,
do fals’ e desleal,
non dormirei.
Se vingada non fôr
do fals’e traedor
non dormirei.
[…]
IMG_20140518_151307

IMG_20140518_151934

IMG_20140518_152024

Pois esta foi a primeira ruta desta nova tempada de veleo, dorna, e tamén de descubrimentos…

Fontes:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Illa_de_San_Clemente
http://patrimoniogalego.net/index.php/5137/2011/09/castro-da-illa-do-santo-do-mar/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *