XI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia. O Freixo 2013

ACTUALIZACIÓN: mais fotos no noso álbume de Flickr (http://www.flickr.com/photos/25207546@N03/sets/72157634875296869/)

Pasados uns días logo do remate do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, toca facer valoración e documentar esta nova aventura.

Os preliminares, e é importante resaltalo, pasan pola inoperancia das persoas que intevenñen nas axudas da Diputación (PROAMARE) xa que tivemos pendente de reparación á Jatiña ata que vimos que non podíamos retrasar mais o seu mantemento. Quixéramos tela ben bonita, mais non puido ser, e a Jatiña non luceu como debera.

Logo de currar varios días no Astillero de Garrido en Ogrobe, a Jatiña botámola ó mar e dous días despois puxemos rumbo á Ría de Muros, en travesía conxunta cos compañeirosn da dorna Meca. Tripulaban o noso “iate” No-Lo, Miguel Submarino e mais Anxo. O destino estaba marcado: Vila de Muros, porque Muros mira ó mar…

A Meca e maila Rubia dos Amiogos da Dorna Meca
A Meca e maila Rubia dos Amigos da Dorna Meca

Continue reading

Cruzala ría, cruzalo mar

Cando eramos nenos (e non fai tanto…), en Korea, para facer referencia ás distancias curtas, comentábase o tamaño da “pirila” dalgún ó que non lle tiñamos moito afecto. Pero, para as grandes lonxitudes soíase empregar: …DE AQUÍ A BUEU!
É curioso o dos comentarios sobre a gran distancia que nos separa de cidades como Madrid por exemplo  -ufff, daquela eran un mundo de kilómetros, e hoxe chégase nun pulo, sexa en avión, en coche ou no que sexa-
Pois ben, as distancias que fai uns anos eran “descomunales” para nos, como cruzala ría, hoxe, seguímolas tomando como antes, en dorna.
Velaí a Habana amarrada en Bueu.
habana_bueu