Nova incorporación!

Hai un par de semanas recibimos o ofrecemento dunha dorna. Como xeralmente este tipo de doazóns consisten en embarcacións bastante deterioradas e que, polo tanto, nós non temos a capacidade para recuperar (parroquia, precisamos dun lugar para traballar a cuberto durante o inverno!) o sábado 28 pola mañá decidimos facerlle unha visita en Beluso para avaliar a posibilidade de facernos cargo dela e traela para Portonovo. E isto foi o que nos atopamos:

CIMG8922

É unha dorna dunhas oito cuartas e media. Semella feita non por un carpinteiro de ribeira profesional, senón por un afecionado, aínda que bastante mañoso, iso sí, pois está bastante ben construída e tamén aceptablemente ben conservada. Manolo Outeiro, quen nola cedeu, asegura que ten menos de 10 anos, e así loce. Ademáis, inclúe panas, remos, pau, temón, drizas, vela… O caso é que como tiña boa pinta decidimos ir a buscala o luns.

Actualización: Pouco a pouco vamos coñecendo algo mais de historia da dorna, e agora sabemos que foi comprada hai uns 10 anos en Porto Meloxo (Ogrobe). É dicir, é mais antiga do que pensábamos, so que xa tiña sufrido bastante arranxos, principalmente porque o seu propietario ata entón acostumaba a usala para levar materiais a unhas bateas e estaba bastante deteriorada a causa diso. A restauración que coñecemos hoxe en día foi feita por dous afecionados de Bueu, que posteriormente lla venderon a Manolo Outeiro.

CIMG8970

A dorna xa está en Portonovo. Agora toca buscarlle un sitio onde invernala e comezar canto antes a traballar nela para que poida ser botada durante a primeveira.

CIMG8972

CIMG8974

CIMG8976

CIMG8979

CIMG8980

CIMG8982

Cruzala ría, cruzalo mar

Cando eramos nenos (e non fai tanto…), en Korea, para facer referencia ás distancias curtas, comentábase o tamaño da “pirila” dalgún ó que non lle tiñamos moito afecto. Pero, para as grandes lonxitudes soíase empregar: …DE AQUÍ A BUEU!
É curioso o dos comentarios sobre a gran distancia que nos separa de cidades como Madrid por exemplo  -ufff, daquela eran un mundo de kilómetros, e hoxe chégase nun pulo, sexa en avión, en coche ou no que sexa-
Pois ben, as distancias que fai uns anos eran “descomunales” para nos, como cruzala ría, hoxe, seguímolas tomando como antes, en dorna.
Velaí a Habana amarrada en Bueu.
habana_bueu